Tipos de alimentos conxelados

Os ALIMENTOS CONXELADOS ENVASADOS, ademais da información obrigatoria do etiquetado dos produtos envasados, deben indicar a temperatura á que se deben conservar e a advertencia de que unha vez desconxelados non poderán volver a conxelarse. No caso dos ALIMENTOS CONXELADOS NON ENVASADOS e expostos ao público, deberá figurar ao lado destes unha indicación que exprese claramente esa circunstancia.

Con respecto aos PRODUTOS DA PESCA, MARISQUEO OU ACUICULTURA, estes deberán levar no envase ou embalaxe correspondente (en lugar ben visible, en carácteres lexibles e indelebles), a denominación comercial e científica da especie, o método de produción (pesca extractiva ou pescado, pescado en augas doces, criado ou acuicultura ou marisqueo) e a zona de captura ou de cría.

Cando os produtos se che presenten sen envase, a información será exposta nun cartel sobre o produto ou próximo a el e incluirá a denominación comercial da especie, o método de produción, a zona de captura ou de cría, a forma de presentación comercial (enteiro, en filetes, etc) e a denominación produto conxelado.

Recomendacións

Á hora de facer a compra, recorda coller os alimentos conxelados ao final de todo e comproba que se atopan conservados en cámaras frigoríficas ou conxeladores, e nunca non volvas a conxelar alimentos xa desconxelados.

 

Temática:
ProdutosAlimentación