O autoconsumo defínese como o consumo de enerxía eléctrica provinte de instalacións de xeración conectadas no interior da rede dun consumidor ou a través dunha liña directa de enerxía eléctrica asociadas a un consumidor, distinguíndose varias modalidades de autoconsumo. A regulación do autoconsumo xustifícase sobre a finalidade de garantir o desenrolo ordenado da actividade que se compatibiliza coa necesidade de garantir que sexa sustentable técnica e economicamente o sistema eléctrico no seu conxunto, por elo, establécese a obrigación das instalación de autoconsumo de contribuír a financiar os custos e servizos do sistema na mesma contía que o resto de consumidores.

Así, as modalidades de autoconsumo que podes atopar será as seguintes:

  • MODALIDADE DE SUBMINISTRO CON AUTOCONSUMO, cando se dispoña dunha instalación de xeración, destinada ao consumo propio, conectada no interior da rede dun punto de subministro e que non estivese dada de alta no correspondente rexistro como instalación de produción. Neste caso soamente existe un suxeito, que será o consumidor.
  • MODALIDADE DE PRODUCIÓN CON AUTOCONSUMO, cando se trate dun consumidor asociado a unha instalación de produción debidamente inscrita no rexistro administrativo de instalación de produción de enerxía eléctrica conectada no interior da súa rede. Neste caso existirán dous suxeitos, o consumidor e o produtor.
  • CALQUERA OUTRA MODALIDADE de consumo de enerxía eléctrica provinte dunha instalación xeradora de enerxía asociada a un consumidor.

En todo caso, establécense excepción para os supostos nos que o autoconsumo supoña unha redución dos custes  para o sistema e, transitoriamente ata o 31 de decembro de 2019, para as instalacións existentes de conxeneración, establecéndose reducións de peaxes, cargos e custes para determinadas categorías de consumidores de baixa tensión da modalidade de subministro con autoconsumo. En todo caso, tanto a potencia máxima contratada de consumo como a instalada de xeración non serán superiores a 10 kW.

 

 

Documentación e ligazóns relacionadas

Temática:
SubministrosElectricidade