Que se entende por comercialización a distancia de servizos financeiros?

Cando se trate dunha comercialización a distancia dos servizos financeiros, existe unha maior protección para consumidores, respectando en todo momento a liberdade á hora de contratar un determinado produto. Asemade, un contrato é celebrado a distancia cando para a súa negociación e celebración só se usan técnicas de comunicación a distancia, é dicir, cando non hai contacto entre o provedor e o consumidor e úsanse medios telemáticos, electrónicos, telefónicos, fax ou outros similares.

Poderás realizar a contratación a distancia de servizos bancarios, de crédito ou de pago; de servizos de investimento; das operacións de seguros privados ou dos plans de pensións ou a actividade de mediación de seguros.

 

Dereitos e obrigas das partes

Neste caso, dispós dunha maior protección así, se ti non o solicitas non se poden contratar nin renovar servizos contratados a distancia e se recibes unha prestación que non solicitaches, non ten obrigación de pagala. Así memso, se non respondes á oferta que che realicen, nunca se pode interpretar coma se a aceptases, así mesmo, sen o teu consentimento previo, as empresas non poden enviar ofertas comerciais a través de chamadas automáticas ou mensaxes de fax, como técnica de comunicación a distancia. E, non poderán renunciar aos dereitos que teñen recoñecidos no ámbito dos servizos financeiros prestados a distancia, sendo nula toda renuncia dos devanditos dereitos así como os actos realizados en fraude de lei.

Pola contra, o provedor do servizo ven obrigado a deixar constancia das ofertas, a que se recoller os contrato nun soporte duradeiro, a cumprir cos requisitos de información previa ao contrato, a comunicación das condicións contractuais e da información previa.

O incumprimento destas obrigacións será sancionado administrativamente segundo o establecido pola norma do sector correspondente. Nestes supostos, podes rescindir o contrato sen gastos nin penalización en calquera momento.

En todo caso, antes da celebración do contrato, o provedor ten a obrigación legal de proporcionarche informacións en relación á súa propia figura,  ao servizo financeiro comercializado a distancia, sobre o contrato a distancia e aos medios de reclamación e indemnización. A información dada debe ser comprensible, deixando clara en todo momento a súa finalidade comercial. Ademais, é obrigatorio que toda a información que recibas quede almacenada nun soporte duradeiro que che permita recuperala  en calquera momento.

Esta información deberá incluír información sobre a identidade, dirección e actividade principal do proveedor ou do seu representante, se o houbese; a identidade do profesional comercial que intervén, os seus datos e a condición baixo a que actúa; o rexistro público no que o provedor está inscrito e o seu número de rexistro; os datos da correspondente autoridade de supervisión no caso de que deba estar suxeito a un réxime de autorización. Así memso, deberá incluír a descrición das principais características do servizo financeiro; o prezo total que deberás pagar, incluíndo comisións, cargas, gastos e impostos que se deben pagar a través do provedor, e débese advertir da existencia doutros impostos ou gastos que non se pagan a través do provedor. Asemade, deberase advertencia de que o servizo financeiro está relacionado con instrumentos que implican riscos especiais, como unha escasa ou nula liquidez, posibilidade de non reembolsar os fondos depositados ou de que o prezo do servizo aumente considerablemente. Farase referencia as modalidades de pago e de execución e calquera custo suplementario inherente ao uso da comercialización a distancia que repercuta no consumidor.

No caso dos plans de pensións, informarase de que as cantidades achegadas e o aforro xerado destinásense só a cubrir as situacións previstas no contrato e non poderán ser recuperados para outro fin distintos que os supostos excepcionais contemplados nas condicións contractuais.

 

Deber de información

Tes dereito a solicitar e obter en calquera momento as condicións contractuais en soporte papel, así como a cambiar as técnicas de comunicación utilizadas entre as partes, salvo que sexa incompatible co servizo financeiro prestado.

Cando a contratación a distancia se celebre por teléfono, deberáseche indicar a identidade do provedor e o fin comercial da chamada ao principio da conversación. Ademáis, previa aceptación, deberase identifdicar a persoa interlocutora e o seu vínculo co provedor, darse unha descrición das características do servizo financeiro, o prezo final total a pagar, indicarse a posibilidade de existan impostos ou gastos que non se paguen a través do provedor, a existencia ou non do dereito de desistimiento e toda aquela información información adicional dispoñible.

Para que un provedor poida utilizar como técnica de comunicación a distancia sistemas automáticos de chamada sen intervención humana ou mensaxes de fax será necesario o consentimento previo do consumidor. Este modo de comunicación non pode levar gasto algún para o consumidor.

Ningún servizo financeiro non solicitado polo consumidor poderá ser prestado cando o servizo implique unha esixencia de pago, inmediato ou aprazado, mesmo no suposto de renovación tácita. No caso  de que se teña lugar a prestación dun servizo non solicitado o consumidor non asume ningunha obrigación, pero se fai uso do devandito servizo entra na obrigación de satisfacer soamente o importe proporcional da parte gozada, sen que iso implique que está a dar o seu consentimento para obrigarse mediante un novo contrato.

 

O dereito de desistimento

Des lembrar que, cando se trata de contratación a distancia  dispós do dereito de desistimento, do que te deberán informar e facilitar o formulario para poder exercitar o teu dereito, para o que dispós dun prazo de 14 días naturais, dende a celebración do contrato, durante o que se poderá canccelar o contrato sen xustificación e sen penalización. A maiores, se non recibises as condicións e información contractual, o prazo para desistir cóntase desde o día en que efectivamente a reciba.

No caso de contratos de seguros de vida o prazo para desistir é de 30 días naturais a contar desde o día en que se che informes da celebración do contrato. O exercicio do dereito de desistimiento non leva penalización, pero deberás pagar o importe proporcional do servizo financeiro efectivamente prestado até o momento do desistimiento, salvo nos casos nos que non se che facilitara a información legalmente esixida ou nos casos nos que se executase o contrato antes dos 14 días habilitados para o desistimiento sen que o solicitases expresamente.

Nos supostos de desistimiento as partes deberán reembolsarse mutuamente as cantidades que recibisen da outra parte no prazo máximo de 30 días, a contar desde a notificación do desistimiento.

Debes ter presente as EXCEPCIÓNS esxistentes, así non cabe o desistimiento nos seguintes casos:

Servizos financeiros con transaccións sobre:

  • Operacións de cambios de divisas
  • Instrumentos do mercado monetario.
  • Valores negociables.
  • Participacións en institucións de investimento colectivo.
  • Contratos financeiros de futuros.
  • Contratos de futuros sobre tipos de interese.
  • Contratos de permuta sobre tipos de interese, sobre divisas ou os ligados a accións ou a un índice sobre accións.
  • Contratos referenciados a índices, prezos ou tipos de interese de mercado.
  • Contratos vinculados nos que polo menos un dos negocios supoña unha transacción das mencionadas anteriormente.

                       

Contratos de seguros:

  • Seguros nos que o tomador asuma o risco do investimento.
  • Seguros de viaxe, equipaxe ou similares de duración inferior a un mes.
  • Seguros cuxos efectos terminan antes do prazo de desistimiento.
  • Seguros que dean cumprimento a unha obrigación de aseguramiento do tomador.
  • Os plans de previsión asegurados.

 

  • Os contratos executados na súa totalidade por ambas as partes a petición expresa do consumidor antes de exercitar o dereito de desistimiento.
  • Os créditos destinados á adquisición ou conservación de dereitos de propiedade en terreos ou en inmobles, ou destinados a renovar ou mellorar inmobles.
  • Os créditos garantidos.
  • As declaracións de consumidores feitas con intervención de notario.
  • Os plans de pensións.

 

Acción de cesación e nulidade do contrato

Poderás exercitar ACCIÓN DE CESACIÓN, mediatnte a que se busca unha sentenza que obrigue ao demandado a cesar nunha conduta que se considera contraria á lei e que prohiba tamén a súa futura reiteración. Esta poderá executarse polo Instituto Nacional de Consumo, polas  asociacións de consumidores e usuarios, polo Ministerio Fiscal ou polas entidades doutros estados membros da Comunidade Europea constituídas para a protección dos intereses colectivos dos consumidores.

 

O incumprimento dos requisitos relativos á información previa, así como os relativos á súa comunicación, poden dar lugar á NULIDADE DO CONTRATO financeiro contratado a distancia.

 

Os conflitos que poidan xurdir entre o provedor e o consumidor poderán resolverse a través da arbitraxe de consumo, a condición de que o provedor estea adherido ao Sistema Arbitral de Consumo. Os conflitos tamén se poderán resolver a través doutros sistemas de resolución extraxudicial de conflitos que figuren na lista que publica a Comisión Europea sobre sistemas alternativos de resolución de conflitos con consumidores. 

 

 

Temática:
Serv. financeiros e segurosServizos financeiros