Todos os consumidores temos dereito de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica no territorio español así como a elixir libremente a comercializadora que desexes. Podes contratar o subministro de enerxía tanto en mercado libre como en mercado regulado, motivo polo cal, para tomar a decisión máis acertada á hora de elixir a túa comercializadora, é importante que atendas ás condición de cada unha delas e que a continuación se exporá.

Asemade, primeiramente será importante que distingas entre os distintos participantes do sistema eléctrico. Así, interveñen:

  • PRODUTORES de enerxía, que son os que teñen a función de xerar enerxía eléctrica, así como as de construír, operar e manter as instalacións de produción.
  • TRANSPORTISTA, que é a sociedade mercantil que ten a función de transportar enerxía eléctrica, así como construír, manter e manobrar as instalacións de transporte.
  • DISTRIBUIDORES, son aquelas sociedades mercantís ou sociedade cooperativas de consumidores, que teñen a función de distribuír enerxía eléctrica, así como contribuír, manter e operar as instalacións de distribución destinadas a situar a enerxía nos puntos de consumo.
  • COMERCIALIZADORES, que son aquelas sociedades mercantís, sociedades cooperativas de consumidores, que, accedendo ás redes de transporte ou distribución, adquiren enerxía para a súa venta aos consumidores, a outros suxeitos do sistema ou para realizar operacións de intercambio internacionais nos termos establecidos na normativa.
Temática:
SubministrosElectricidade