Para a CONTRATACIÓN dun seguro podes solicitar a calquera compañía aseguradora que che faciliten unha proposición de seguro, sen quedares vinculado pola mesma. Dita proposición deberá manterse, aló menos, durante 15 días.

O contrato terá que formalizarse por escrito, quedando o asegurador obrigado a entregarche unha copia da póliza. Esta deberá conter a identificación das partes, así como o concepto no que se asegura e a natureza do risco cuberto, describindo de forma clara e comprensible as garantías e coberturas contratadas, así como as exclusións e limitacións que lles afecten destacando o texto. Así mesmo, debe recoller a designación dos obxectos asegurados e da súa situación; a suma asegurada ou alcance da cobertura; importe da prima, recargos e impostos; o vencemento da prima, lugar e forma de pago; duración do contrato (con expresión do día e hora de comezo e fin). Así mesmo, se intervén mediador no contrato, indicarase o nome e tipo de mediador.

A DURACIÓN ven determinada na póliza, non podendo establecerse un prazo superior a 10 anos. En todo caso, pódese acordar a prórroga do seguro, de forma automática, por períodos anuais.

Lembra que poderás oporte á prorroga do contrato, sen penalización algunha, sempre que o notifiques por escrito cun mes de antelación , pola contra a compañía deberá notificarcho con dous meses de antelación. É importante que o fagas de xeito que quede constancia, sendo válida calquera comunicación que fagas ao teu mediador, de ser o caso. 

Todas aquelas accións que se deriven dun contrato de seguro prescrición aos 2 anos, cando se trate dun seguro de danos e aos 5 anos, cando se trate dun seguro de vida.

Naqueles supostos nos que o asegurador teña coñecemento das reservas ou inexactitudes en relación a valoración do risco, este poderá RESCINDIR o contrato mediante comunicación dirixida ao asegurado, no prazo dun mes.

Asemade, o asegurador poderá resolver o contrato cando o asegurado non pagase a primeira prima ou, no seu caso, a prima única, chegado o vencemento da mesma. Se cando teña ligar o sinistro a prima única non fose pagada, o asegurado tamén quedará liberado das súas obrigas.

Temática:
Serv. financeiros e segurosSeguros