Un contrato de crédito ao consumo é aquel a través do cal o prestamista concede un crédito ao consumidor por un importe superior a 200 euros baixo a forma de pago aprazado, préstamo, apertura de crédito ou calquera medio equivalente de financiamento, para satisfacer necesidades persoais ao marxe da súa actividade empresarial ou profesional.

Neste tipo de contratos debeos distinguir como partes intervintes no mesmo ao consumidor, que é a persoa física que solicita o crédito para unha finalidade persoal allea á súa actividade empresarial ou profesional; o prestamista, que será a persoa física ou xurídica que concede o crédito no exercicio da súa actividade comercial ou profesional e un intermediario de crédito, que é a persoa física ou xurídica que non actúa como prestamista pero que presenta ou ofrece contratos de crédito, asiste aos consumidores nos trámites previos aos contratos de crédito ou celebra contratos de crédito en nome do prestamista.

Quedan EXCLUÍDOS da Lei de créditos ao consumo os seguintes contratos:

  • Os contratos de crédito garantidos con hipoteca inmobiliaria.
  • Os contratos de crédito cuxa finalidade sexa adquirir ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificios construídos ou por construír.
  • Os contratos de crédito cuxo importe total sexa inferior a 200 euros. Nos contratos superiores a 75.000 euros soamente se lles aplicarán as disposicións xenerais de información, as obrigas pola entidade de crédito, o réxime sancionador e de impugnacións.
  • Os contratos de arrendamento ou de arrendamento financeiro nos que non se estableza unha obriga de compra do obxecto do contrato polo arrendatario.
  • Os contratos de crédito concedidos en forma de facilidade de descuberto e que teñan que reembolsarse no prazo máximo dun mes.
  • Os contratos de crédito concedidos libres de xuros e sen ningún outro tipo de gastos.
  • Os contratos de crédito en virtude dos cales o crédito deba ser reembolsado no prazo máximo de tres meses e polos que so se deban pagar uns gastos mínimos.
  • Os contratos de crédito concedidos por un empresario aos seus empregados a título subsidiario e sen xuros ou cuxas taxas anuais equivalentes sexan inferiores ás do mercado, e que non se ofrezan ao público en xeneral.
  • Os contratos de crédito que son o resultado dun acordo alcanzado nos tribunais.
  • Os contratos de crédito relativos ao pago aprazado, sen xuros, comisións nin outros gastos, de unha débeda existente.
  • Os contratos de crédito para cuxa celebración se lle pide ao consumidor que entregue un ben ao prestamista como garantía de seguridade e nos que a responsabilidade do consumidor se limita a dito ben.

Obrigas e dereitos das partes

Se contratas un crédito ao consumo, quedas a pagar de maneira puntual os xuros e as comisións bancarias, así como a devolver o importe utilizado, cando se trate dun crédito, na forma pactada, a informar verazmente das túas circunstancias económicas e persoais. Así mesmo, cando no contrato se establece que os fondos se destinarán a unha finalidade concreta, deberá utilizar os fondos para esa finalidade, e calquera outra obriga pactada coa entidade.

Pola contra, o prestamista ven obrigado a informate das modificacións do tipo debedor ou das recargas antes de que se produza a entrada en vigor do cambio, así como avaliar a túa solvencia antes da celebración do contrato de crédito.

Pola contra, tes dereito a dispor dos cartos do crédito a medida que se solicite en calquera cantidade dentro do límite pactado, en calquera momento durante o prazo acordado, e nas formas prevista no contrato (efectivo, cheques, tarxeta …); a solicitar unha oferta vinculante e a recibir información previa, a recibir unha copia do documento do contrato, a recibir os documentos de liquidación e xustificantes de pago, acompañados dun extracto co detalle dos movementos, a desistir do contrato de crédito ao consumo e, se trata dun crédito ao consumo vinculado a un contrato de consumo concreto, tes os mesmos dereitos fronte á entidade de crédito que os que tería fronte ao provedor dos bens ou servizos financiados.

Deber de información

Así mesmo, a entidade (o prestamista) ten a obriga de facilitarche de forma gratuíta e coa debida antelación, toda a INFORMACIÓN PREVIA suficiente para que poida comparar as diferentes ofertas que queiras consultar e decidir a opción mais indicada en base ás túas circunstancias persoais. Dita información deberá reflectir os seguintes aspectos:

  • Tipo de crédito.
  • A identidade e o domicilio social do prestamista e do intermediario se existise.
  • importe total do crédito e as condicións que rexen a disposición de fondos.
  • A duración do contrato de crédito.
  • En caso de créditos en forma de pago diferido por un ben ou servizo e de contratos de crédito vinculados, o produto ou servizo e o seu prezo ao contado.
  • tipo debedor e as condicións de aplicación de dito tipo, e, si se dispón deles, os índices ou tipos de referencia aplicables ao tipo debedor inicial, así como os períodos, condicións e procedementos de variación do tipo debedor.
  • A TAE e o importe total adebedado polo consumidor.
  • importe, o número e a periodicidade dos pagos que deberá efectuar o consumidor.
  • Os gastos de mantemento de unha ou varias contas, se fora necesario para rexistrar á vez as operacións de pago e de disposición do crédito, salvo que a apertura da conta sexa facultativa, os gastos relativos á utilización dun medio de pago que permita efectuar á vez as operacións de pago e de disposición do crédito, así como calquera gasto derivado do contrato de crédito e as condicións en que ditos gastos poderán modificarse.
  • No seu caso, a existencia de custes adebedados ao notario polo consumidor ao subscribir o contrato de crédito.
  • Os servizos accesorios ao contrato de crédito, en particular de seguro, cando a obtención do crédito ou a súa obtención nas condicións ofrecidas estean condicionadas á subscrición do servizo accesorio. Deberán tamén facilitarse as condicións que alternativamente se aplicarían ao contrato de crédito ao consumo se non se contrataran os servizos accesorios e, en particular, pólizas de seguros.
  • tipo de xuro de demora, así como as modalidades para a súa adaptación e, cando procedan, os gastos por impago.
  • Unha advertencia sobre as consecuencias en caso de impago.
  • As garantías esixidas.
  • A existencia o ausencia de dereito de desistimento.
  • dereito de reembolso anticipado e, no seu caso, información sobre o dereito do prestamista a unha compensación e sobre a maneira en que se determinará esa compensación.
  • dereito do consumidor a ser informado de forma inmediata e gratuíta do resultado da consulta para a avaliación da súa solvencia.
  • dereito do consumidor a recibir gratuitamente, previa solicitude, unha copia do proxecto do contrato de crédito.
  • período de tempo durante o cal o prestamista queda vinculado pola información pre contractual.

Así mesmo, se o solicitas, o prestamista está obrigado a entregar antes de celebrar o contrato unha OFERTA VINCULANTE, a cal terá unha validez por un prazo mínimo de 14 días naturais. A oferta vinculante deberá reflectir o contido da información previa ao contrato. O prestamista tamén deberá facilitarche as explicacións necesarias para que poida determinar se o contrato de crédito é ou non é adecuado para os seus intereses e necesidades.

Tanto o prestamista como o consumidor deberán recibir unha copia do contrato de crédito ao consumo celebrado, o cal deberá estar recollido por escrito en papel o en calquera outro soporte duradeiro; en caso de non facelo así, o contrato poderá ser anulable. No documento deberanse especificar de forma clara e concisa os seguintes datos:

  • A identidade e o domicilio social das partes contratantes, así como, se procede, a identidade e o domicilio social do intermediario de crédito.
  • tipo de crédito, a súa duración, o importe total e as condicións de disposición do mesmo.
  • No caso de créditos en forma de pago diferido dun ben ou servizo ou no caso de contratos de crédito vinculados, o produto ou servizo e o seu prezo ao contado.
  • tipo debedor e as condicións de aplicación de dito tipo e, si se dispón deles, os índices ou tipos de referencia aplicables ao tipo debedor inicial, así como os períodos, condicións e procedementos de variación do tipo debedor.
  • A TAE e o importe total adebedado polo consumidor. No caso de non aparecer a TAE, o consumidor so deberá pagar o importe do crédito no prazo pactado.
  • importe, o número e a periodicidade dos pagos que deberá efectuar o consumidor.
  • En caso de amortización do capital dun contrato de crédito de duración fixa, o dereito do consumidor a recibir gratuitamente un extracto de conta, en forma de cadro de amortización, previa solicitude e en calquera momento ao largo de toda a duración do contrato de crédito.
  • Se deben pagarse recargas e xuros sen amortización de capital, unha relación dos períodos e as condicións de pago dos xuros debedores e dos gastos conexos recorrentes e non recorrentes.
  • Cando proceda, os gastos de mantemento dunha ou varias contas que rexistren á vez operacións de pago e de disposición do crédito, agás que a apertura da conta sexa opcional.
  • tipo de xuro de demora aplicable no momento da celebración do contrato de crédito e os procedementos para o seu axuste e os gastos e as consecuencias no caso de impago.
  • Cando proceda, unha declaración que estableza o abono de gastos de notaría.
  • As garantías e os seguros aos que se condicione a concesión do crédito.
  • A existencia ou ausencia de dereito de desistimiento e o prazo e demais condicións para exercitalo.
  • Información sobre os dereitos derivados dos contratos de crédito vinculados e as condicións para o seu exercicio.
  • dereito de reembolso anticipado, o procedemento aplicable e información sobre o dereito do prestamista a unha compensación.
  • procedemento que deberá seguirse para exercer o dereito de por fin ao contrato de crédito.
  • A existencia ou non de procedementos extraxudiciais de reclamación e recurso para o consumidor e a forma en que se pode acceder a eles.
  • As demais condicións do contrato, cando proceda.
  • No seu caso, nome e dirección da autoridade de supervisión competente.

 

Forma e contido do cotnrato

Así mesmo, o custe total do crédito non poderá ser modificado en prexuízo do consumidor agás que medie acordo escrito previo das partes, en cuxo caso as MODIFICACIÓNS poderán facer atendendo á variación do custe, que se deberá axustar á variación dun índice de referencia obxectivo. Asímesmo, no acordo deberán conterse os dereitos que correspondan ás partes, o diferencial que se aplicará ao índice de referencia e a identificación do índice utilizado e, as modificacións no custe total do crédito (agás o incremento do tipo debedor) deberanche ser notificadas de forma fehacente.

Cando se trate dun CONTRATO DE CONSUMO VINCULADO Á OBTENCIÓN DUN CRÉDITO, estaremos a falar daquel no que o crédito se contrata coa única finalidade de financiar un contrato de adquisición de bens ou de prestación de servizos de tal maneira que o contrato de crédito e o contrato de adquisición únense formando un so, é dicir, páctase que a adquisición se financia a través dun contrato de crédito, de maneira que a eficacia deste tipo de contratos está condicionada á efectiva obtención de dito crédito.

Será nulo o pacto no contrato de consumo polo que se che obrigue a un pago ao contado ou a outras fórmulas de pago, para o caso de que non se obteña o crédito previsto; ademais teranse por non postas as cláusulas nas que o provedor esixa que o crédito para o seu financiamento unicamente poida ser outorgado por un determinado prestamista.

Por outro lado, hai que ter en conta que ao formar o contrato de crédito e o contrato de adquisición unha unidade, a ineficacia dun deles leva á ineficacia do outro.

É necesario advertir que poderás decidir, en calquera momento, non contratar o crédito realizando o pago na forma que acordes co provedor de bens ou servizos, pero no caso de que decidas continuar co financiamento vinculado é necesario que de maneira separada nos contratos apareza tanto a identidade do provedor de bens ou servizos como a identidade da persoa que concede o crédito ao consumo.

O prestamista non poderá reclamar ao consumidor ningunha outra compensación en caso de desistimento, agás a compensación dos gastos non reembolsables abonados polo prestamista á Administración Pública.

Poderás levar a cabo, de forma anticipada, unha LIQUIDACIÓN TOTAL ou PARCIAL das obrigas derivadas do contrato de crédito, tendo dereito a unha redución do prezo polos xuros correspondentes á duración restante do contrato.

O prestamista terá dereito a unha compensación xusta e xustificada non superior ao 1% do importe reembolsado anticipadamente se o período restante é superior a un ano, en caso contrario a compensación non poderá ser superior ao 0,5% do importe reembolsado.

Se o prestamista demostra a existencia de perdas producidas de forma directa como consecuencia do reembolso anticipado do crédito, poderá reclamar excepcionalmente unha compensación mais elevada, pero se a compensación reclamada polo prestamista supera as perdas sufridas realmente, o consumidor poderá esixir a redución correspondente.

 

Documentación e ligazóns relacionadas

Temática:
Serv. financeiros e segurosServizos financeiros