Dereitos e obrigacións dos consumidores:

Como consumidor tes dereito a ser informado das condicións xerais e particulares do teu subministro con antelación á celebración do contrato; dos prezos, tarifas e condicións xerais que se te apliquen; sobre os teus datos de consumo e acerca do servizo de asistencia telefónica ante posibles incidencias nas instalacións que poidas sufrir, polo que este servizo funciona 24 horas.

En relación o subministro, podes escoller o modo de pago e recibir unha factura desagregada, modificar voluntariamente a tarifa contratada, esta petición deberá ser atendida polas distribuidoras non polas comercializadoras. Tes dereito a ser avisado das modificacións do teu contrato, por exemplo un aumento do prezo, se isto acontece poderás cancelar o contrato. Cambiar de compañía subministradora sen custe algún.E, por último, tes dereito a reclamar.

Mais tamén tes obrigas como consumidor pois debes pagar o subministro de gas, permitir o acceso do persoal autorizado pola empresa distribuidora para realizar as actuacións necesarias. Revisar as caldeiras de gas e manter o bo mantemento das mesmas, ademais de cumprir coas inspeccións de gas cada cinco anos.

 

Calidade do servizo:

Como consumidor tes dereito a recibir un servizo de calidade. A composición, os poderes caloríficos e demais características que deberán darse no produto para obter unha calidade óptima. Ademais, o gas natural deberá estar odorizado. Trátase dunha medida de seguridade fundamental para a distribución de gas que serve para detectar fugas polo olfacto humano.

En relación a calidade do servizo, tamén refírese a que poidas elixir libremente o subministro e cambialo sen custe algún. Poderás facelo por escrito, por contratación telefónica ou electrónica, sempre deixando constancia da petición, que deberá levarse a cabo no prazo máximo de tres semanas. Ademais non terás que darte de baixa do contrato anterior, é a comercializadora nova a que debe facelo mentres que a anterior deberá enviar a súa última factura nun prazo de seis semanas dende a finalización do contrato.

 

Interrupcións do servizo:

Se sofres interrupcións no teu servizo e no caso de que o subministro sexa inferior as presións mínimas e non se deba a causas de forza maior ou a operacións de mantemento, deberán aplicarte a rebaixa correspondente tendo en conta que ditos descontos non poderán exceder nunca do 50% do importe da túa factura e que deberán ser efectuados nos dous meses seguintes.

  • Se es cliente a tarifa: aplicase un desconto do 10% na túa factura por cada dúas interrupcións no mesmo mes e que sexan inferiores a cinco horas.
  • Se es cliente subministrado pola empresa comercializadora: aplicase un desconto do 10% sobre os peaxes que debe aboar a comercializadora á empresa distribuidora sempre que a interrupción do subministro non sexa culpa da primeira.

Se a duración do servizo é superior a cinco horas e inferior a un día, cada interrupción do subministro contará como dúas interrupcións. Se a duración é dun día ou máis, contárase como tres interrupcións por día de subministro interrompido.

 

Medida e control

En cada punto de subministro se instalará un equipo de medida e control que terán por misión controlar a potencia contratada (I.C.P) ou medir a potencia demandada (maxímetro), polo que sempre deberás facilitar o acceso ao persoal acreditado que realice tarefas de lectura e/ou de mantemento. Estes equipos de medidas, poden ser da túa propiedade ou podes alugalo ás empresas distribuidoras. Neste caso, es responsable da custodia do equipo de medida e será a empresa a que proceda á instalación dos equipos de forma gratuíta.

Podes solicitar a comprobación dos equipos de medida, é dicir, tes o dereito a solicitar a comprobación e a verificación dos contadores non sendo necesario que sexas o propietario. Á hora de facer a comprobación,

  • Se o contador funciona correctamente: os gastos debidos a dita comprobación serán ao teu cargo.
  • Se o contador non funciona correctamente: os gastos serán a cargo do propietario do equipo.

Respecto a lectura do subministro, será responsabilidade das empresas distribuidoras se es cliente a tarifa ou da comercializadora se es cliente do mercado libre. O tempo ten que pasar entre cada letura é cada mes ou cada dous meses se tes un consumo anual inferior a 100.000 kWh. Sen embrago, o período é mensual se tes un consumo anual superior a 100.000 kWh

No caso de non ser posible a lectura do contador por causas alleas a distribuidora pódense efectuar FACTURACIÓNS ESTIMADAS cunha regularización mínima anual.

 

Tarifas 

Á hora de elixir a tarifa adecuada é importante que recibas a información suficiente para que elixas a que máis te conveña, aínda que poderás modificar voluntariamente a tarifa contratad, sendo unha petición deberá ser atendida polas distribuidoras non polas comercializadoras.

As tarifas que existen son:

  • TUR (Tarifa de Último Recurso):

É a  tarifa que establece o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Consiste no prezo máximo que poden cobrar as Comercializadoras de Último Recurso. Podes elixir esta tarifa se tes un consumo menor a 50.000 kWh.

Existen dúas tarifas de último recurso dependendo do teu consumo anual:

  • TUR1 para un consumo menor ou igual a 5.000 kWh/ano. Comprende un consumo habitual nunha vivenda con cociña e/ou quentador de auga de gas natural.
  • TUR2 para un consumo superior a 5.000 kWh/ano e inferior o igual a 50.000 kwh/año. Comprende un consumo habitual nunha vivenda con calefacción de gas natural.

 

Tarifa fixa (plana):

Se escolles esta tarifa pagarás a mesma cota cada mes sempre que non excedas do consumo que tes contratado.

Tarifa variable:

Con esta tarifa terás que pagar en función do teu consumo mensual, é dicir, a factura variará cada mes.

 

Tarifa de Último Recurso (TUR)

TUR1 (Consumo inferior ou igual a 5.000 kWh/ano)

  • Tarifa Fixa/ plana  4.360000
  • Tarifa Variable      5,125575

TUR2 (Consumo superior a 5.000 kWh/ano e inferior ou igual a 50.000 kWh/ano)

  • Tarifa Fixa/ plana 8.840000
  • Tarifa Variable     4,438175

 

Factura

As veces, pode resultarche complicado entender a túa factura. O primeiro é saber cal é a información que debe aparecer obrigatoriamente na túa factura de gas:

  • Fecha de emisión da factura.
  • Período de facturación: é o intervalo de tempo utilizado para facturar o teu consumo.
  • Se tes un consumo anual superior a 100.000 kWh: a facturación efectuarase pola empresa distribuidora mensualmente. É dicir, deberás pagar cada mes.
  • Se tes un consumo anual inferior a 100.000 kWh: a facturación efectuarase pola empresa distribuidora mensual ou bimestralmente. Deberás pagar cada mes ou cada dous meses.
  • Lecturas do contador: a facturación realízase a través das lecturas dos contadores ou equipos de medida. No caso de non ser posible a lectura do contador por causas alleas a distribuidora pódense efectuar facturacións estimadas cunha regularización mínima anual.
  • Consumo de gas facturado nese período: debe aparecer a lectura actual (real ou estimada) e a lectura anterior (real ou estimada) do teu contador. Da diferenza entre as lecturas obtense o consumo do período.
  • Historial do consumo: é unha gráfica que móstranos os consumos realizados nos últimos 12 meses e o custe medio/diario en euros.
  • Código de Identificación Universal do Punto do Subministro (CUPS): é un identificador único da vivenda que recibe o subministro. Está encabezado pola secuencia “ES” e a seguen 20 carácteres, cifras ou letras.
  • Tarifas aplicadas. 
  • Tarifa de acceso e os importes destinados ao Xestor Técnico do Sistema e a Comisión Nacional de Enerxía. Trátase dun tipo de tarifa que paga a comercializadora  á empresa distribuidora de gas local polo uso da rede de gas. É unha tarifa fixada polo Ministerio da Industria.
  • Descrición detallada no caso de realizarse unha estimación do consumo en períodos anteriores.
  • Teléfono de urxencias.
  • Información dos conceptos que compoñen a túa factura: nome do produto que tes contratado, termo de enerxía/gas, termo fixo, aluguer de equipos, imposto de hidrocarburos e o IVA.

Se non estás de acordo ca facturación, tes dereito a solicitar a verificación dos contadores. Os gastos de verificación poden ser ao teu cargo no caso de que resulte correcto o funcionamento do contador ou a cargo do propietario do equipo, a empresa distribuidora, no caso contrario.

  • Se o erro na facturación é inferior a debida o pago será repartido nas facturas próximas.
  • Se o erro na facturación é por exceso farase a división dos importes a devolver.

Dispós de  20 días naturais dende a emisión da factura para realizar o pago, se o último día fora sábado ou festivo o prazo terminará o primeiro día laboral que siga. Poderás escoller libremente modo de pago, existen os sistema de pago anticipado, domiciliación bancaria e a posiblidade de acudir ás oficinas de cobro da empresa distribuidora.

Inspeccións e revisións

Non debes confundir a revisión do gas (ou inspección) ca revisión da caldeira de gas.

 

Inspección xeral de gas

Consiste en:

  • Revisar o funcionamento e a estanquidade do contador, canalizacións, chaves, gomas e estado de conservación.

Procedemento de actuación:

  • Deben comunicarte da data de inspección (antelación mínima de 5 días).
  • A inspección a fará persoal propio ou contratado da empresa distribuidora.

Prazo:

  • Cada 5 anos (4 anos no País Vasco)

Prezo:

  • Corresponde as Comunidades Autónomas fixar as tarifas de inspección*

Resultados

  • Favorable.
  • Desfavorable: anomalías principais ou anomalías secundarias.*

 

Revisión da caldeira de gas

Consiste en:

  • Revisar que o equipo funciona de maneira correcta, asegurar a súa eficiencia enerxética, durabilidade e seguridade.

Procedemento de actuación:

  • A revisión pode facela:
  • A empresa subministradora.
  • O servizo técnico do fabricantes da caldeira.
  • Profesional independente autorizado e contratado polo usuario. 

Prazo:

  • Para caldeira de gas cada 2 anos aínda que este tempo poderá ser inferior.

Prezo:

  • Non existe un prezo regulado

 

En relación a inspección xeral de gas as tarifas fixadas pola Comunidade Autónoma galega para instalacións receptoras individuais é de 57,11 €, mentres que para as instalacións receptoras individuais máis as instalacións receptoras comunitarias 68,75 €.

  • Non terás que pagar cando fose necesaria a presentación dun proxecto e un certificado final de obra para a execución da instalación. Os resultados da inspección poden ser favorable e desfavorable. No primeiro caso recibirás un Certificado de inspección da túa instalación, mentres que o resultado será desfavorable en dous supostos:
  • Anomalía Principal: serás o responsable da corrección das anomalías. Se non se pode corrixir no momento, interromperase o subministro de gas e precintarase a parte afectada.
  • Anomalía secundaria. O titular ou usuario do subministro serán os responsables e terán 15 días naturais para a corrección das anomalías.

En relación ás revisións de caldeira de gas deberás cumprir a periocidade esixida:

  • Quentadores de auga quente sanitaria a gas Pn ≤ 24,4 kW: a revisión será cada 5 anos en vivendas e 2 anos nos casos restantes.
  • Quentadores de auga quente sanitaria a gas 24,4 kW < Pn ≤ 70 kW: a revisión será cada 2 anos en vivendas e cada ano nos casos restantes.
  • Caldeiras murais a gas Pn ≤ 70 kW: a revisión será cada 2 anos en vivendas e cada ano nos casos restantes.
  • Resto instalacións calefacción 70 kW ≤ Pn: a revisión será cada ano.
  • Instalacións de potencia superior a 70 kW: a revisión será cada mes.

É recomendable que fagas inspeccións ás instalacións de gas envasado. A persoa titular da instalación é quen debe solicitar os servizos dunha empresa  pudendo solicitar información a propia subministradora. A inspección da túa instalación de gas envasado debe facerse cada cinco anos, para iso deberás revisar a documentación e comprobar cando se fixo a última inspección, en caso de non ter esta información podes chamar á empresa subministradora.

 

Suspensión do subministro

Poden suspender o teu subministro de gas e pode ser por diferentes causas:

  • Se non realizas o pago da túa factura ao transcurso mínimo de 2 meses dende que te fora requirido o pago. Dito requirimento farase a través dalgún medio que permita ter constancia da súa recepción. O subministro será reposto como máximo nas 48 horas seguintes ao abono da cantidade.
  • Por causas técnicas: razóns de seguridade, por causa de forza maior ou para efectuar labores de mantemento, reparación, substitución ou ampliación das instalacións de gas.
  • Cando se manipule o equipo de medida ou evítese o seu correcto funcionamento.
  • Outras causas son: cando as instalacións receptoras de gas non dispoñan das autorizacións necesarias. Por unha mala conservación das instalacións e supoña un perigo para a seguridade das persoas ou bens, neste caso poderá suspenderse o subministro de gas sen aviso previo. Cando non permitas a entrada ao persoal autorizado pola empresa para inspeccionar as instalacións ou efectuar a lectura do contador ou pretendas subministrar gas a unha instalación non prevista no contrato.

É importante que saibas, se pretenden suspender o teu subministro terás que recibir unha comunicación da que exista constancia  cunha antelación mínima de 6 días hábiles. Na comunicación deberá aparecer a data de suspensión do subministro, a súa causa e a data de continuación do servizo. Ante esta situación, poderás interpoñer un recurso nun prazo máximo de 6 días ante a Administración Competente que contestará nos vinte días seguintes no caso de estimar o recurso. Ademais, deberás remitir copia do recurso á empresa distribuidora que non pode suspender o subministro mentres non exista resposta por parte da Administración.

 

Traspaso de subrogación

Un traspaso de subrogación refírese ao traspaso do teu contrato de gas a outro consumidor que vaia a facer un uso do subministro nas mesmas condicións ca ti. En realidade estase a producir unha subrogación, é dicir, un relevo en dereitos e obrigacións.

O titular do contrato ten que comunicarllo á empresa distribuidora, que non percibirá cantidade algunha por tramitar o novo contrato sempre que non se necesiten actuacións nas instalacións do cliente

Temática:
SubministrosGas