Cando precises que os electrodomésticos ou equipamento que mercas che sexa entregado no teu domicilio, debes ter en conta que che poderán cobrar por este servizo. Dependerá da empresa, motivo polo que deberás ter en conta o que figure nas condicións xerais do propio contrato de compravenda do produto. A entrega a domicilio implicará a entrega na vivenda indicada na compra, a desmontaxe do ben e a posta en marcha. A maiores, recolleranche o antigo equipamento e levarano ao punto limpo de reciclaxe, sempre que así o tiveras indicado. 

Temática:
ServizosServizos de asistencia técnica