Dento do mundo dos CERTIFICADOS ENERXÉTICOS e debido ao desenvolvemento tecnolóxico, a etiquetaxe enerxética ven de renovarse para facilitar a identificación dos electrodomésticos eficientes e adaptar a súa eficiencia dende a antiga clasificación A á actual A+++.

Existen 7 clases de eficiencia, identificadas por un código de cores e letras que van dende a cor verde e a letra A para os equipos máis eficientes, ata a cor vermella e a letra G para os equipos menos eficientes. Isto implica que, actualmente sexa moito máis sinxelo mercar un produto eficiente a niveis enerxéticos en calquera país da Unión Europea, xa que dunha visual podes coñecer o consumo anual, a capacidade e a contaminación acústica.

A etiqueta enerxética é unha ferramenta informativa que che axudará e facilitará gran información á hora de mercar un equipamento que consuma electricidade, e debe aparecer en todos os electrodomésticos que estean postos á venta.

O certificado enerxético poderás atopalo sempre en aparatos domésticos de refrixeración (frigoríficos, conxeladores, etc.); lavadoras con capacidade asignada superior a 3 kg, que deben ter unha eficiencia de lavado clase A; en lavalouzas, que deben ter unha eficiencia de lavado clase A; secadoras e lavadoras–secadora; lámpadas domésticas; forno eléctrico e aire acondicionado.

Asemade, a etiqueta enerxética está composta por DATOS COMÚNS a todos os aparatos en forma de pictogramas, como a marca, a denominación do aparato e clase de eficiencia enerxética, mentres que en función do electrodoméstico, a etiqueta pode incluír outra información en función das súas características e funcionalidades, coma a capacidade de conxelación para frigoríficos ou consumo de auga para a lavadora.   

Debes ter en conta, que a maior parte dos equipos (a excepción das fontes de luz) teñen unha vida útil media que supera os dez anos de vida útil. Así, se estás pensando en cambiar os electrodomésticos debes atender ao consumo que ten un electrodoméstico de eficiencia enerxética de clase A con respecto aos menos eficientes (clase G), o que che suporá un gran AFORRO NA FACTURA DA LUZ.

É importante que teñas en conta a vida útil que lle resta aos teus electrodoméstico antes de cambialos por uns novos de eficiencia enerxética clase A, posto que na maioría dos casos non che compensará facer un desembolso tan elevado en relación á contía do aforro, se ao teu electrodoméstico aínda lle restan anos de utilidade.

Para que poidas facer unha comprobación ao respecto, podes consultar o seguinte  Simulador eficiencia enerxética electrodomésticos.

Temática:
ServizosServizos de asistencia técnica