Son causa de resolución dos contratos de subministro e de accesos ás redes, a interrupción do subministro POR IMPAGO ou por calquera outra causas prevista durante máis de dous meses desde a data da suspensión. Así mesmo, se solicitas a formalización dun novo contrato, isto implicará a resolución automática do anterior contrato.

A suspensión do subministro nos supostos de fraude dará lugar á resolución automática do contrato.

Tamén son causas de resolución do contrato o non permitir a entrada en horas hábiles ou de normal relación co exterior, nos locais onde se atopen as instalacións de transformación, medida ou control a persoal pola empresa distribuidora encargada da medida; cando exista neglixencia do consumidor respecto á custodia dos equipos de medida e control, con independencia de quen sexa o propietario dos mesmos, así como por neglixencia do consumidor  respecto á instalación de equipos correctores no caso que produza perturbacións á rede e, unha vez transcorrido o prazo establecido polo organismo competente para a súa corrección, esta fose efectuada.

Temática:
SubministrosElectricidade