Que son os contratos bancarios? O que debes saber

Un contrato bancario é aquela relación que se establece entre ti e a túa entidade financeira, pola que xurden unha serie de obrigas para ambos e que garda relación cos produtos e servizos ofertados pola entidade. Esta relación básase no principio de liberdade de contratación entre as partes, sempre que se leve a cabo con dilixencia e respeten os teus intereses.

Estes contratos poden clasificarse como:

  • Contratos pasivos, que son aqueles contatos a través dos que a entidade financeira capta efectivo a través dos seus cliente (contas correntes, contas de aforro, etc.).
  • Contratos activos, que son aqueles a través dos cales a entidade financeira concede diñeiro ou créditos aos seus clientes (préstamos, créditos, etc.).
  • Contratos de servizos bancarios, a través dos que se regula a prestación de servizos aos cliente nos que non hai ningunha financiación, é dicir, non hai nin concesión nin obtención de efectivo (por ex., aluguer de caixas de seguridade, a banca por internet, etc.).
  • Contratos de intermediación, nos que a entidade actúa como intermediaria de produtos ou servizos ofertados por outras empresas (por ex., seguros, fondos de inversións, etc.)

 

Deber de información

En todo caso, as entidades veñen obrigadas a proporcionarche información  sobre os productos, servizos bancarios, actividades de inversión, suscrición ou adquisición de instrumentos financeiros, o que se ven a denominar como a PUBLICIDADE BANCARIA . Esta pode aportarse a través de calquera medio de difusión ou divulgación, incluíndo as cartas personalizadas que forman parte dunha campaña de difusión. Este tipo de actividade publicitaria ten unha regulación propia, sen prexuízo da normativa xeral existente na materia publicitaria.

Dita publicidade debe seguir seguir unha serie de pautas e criterios legalmente establecidos, debendo ser clara, suficiente e obxectiva, de xeito que non te poida inducir a erro.

As entidades deben levar a cabo un control interno da publicidade que emtian dos seus productos, e ademáis establécense mecanismos de control tanto por parte do Banco de España como por parte da CNMV.

A INFORMACIÓN PRECONTRACTUAL é esencial para que poidas elixir a entidade coa que contratar un determinado servizo financeiro. Tes dereito a que se che facilite gratuitamente toda a información legalmente esixible para poder tomar unha decisión sobre un servizo bancario e ao mesmo tempo comparar ofertas similares  do mercado, é dicir, tes dereito a que se che facilite información precontractual.

É recomendable que, despois de lido o contrato bancario solicites todas as aclaracións necesarias sobre os puntos do contrato que non entendas ou que poidan resultar dubidosos. Nestes casos as entidades deberán dar explicacións suficientes e adecuadas para comprender as características esenciais do servizo bancario. A entidade tamén te deberá informar sobre as consecuencias que poidan nacer do contrato bancario. Aemade, esta información deberás recibila cunha antelación suficientemente razoable á formalización do contrato. Dita información deberá ser clara, oportuna, suficiente e non enganosa

Dita información precontractual debe conter as características principais do produto ou servizo financeiro, a identidade da financeira, o custo total (incluíndo todos os impostos e taxas), os procedementos de pago, entrega e execución e a data na que se executarían os servizos, as condicións do servizo de postventa, a duración do contrato, as condicións de resolución se o contrato é de duración indeterminada ou se se prolonga automaticamente, a existencia de compromisos de permanencia e as penalizacións que puidese haber en caso de baixa, a lingua na que se formalizará o contrato, a existencia do dereito de desistimiento, o prazo e a forma de exercicio, así como o procedemento para atender as reclamacións, a información sobre o sistema extraxudicial de resolución de conflitos.

Se finalemte contratas, terás dereito a que se che entregue un entregue un exemplar do contrato no que se formalice o servizo recibido, e a entidade terá que conservar unha copia que porá á túa disposición cando o solicite. O prazo mínimo de conservación desta documentación non está especificamente regulado, pero o Banco de España considera que as entidades deberán conservar a documentación relativa ao nacemento, modificación e extinción dos dereitos e obrigacións polo menos durante o prazo de prescrición das accións civís, xeralmente 15 anos.

As entidades deben xestionar os negocios dos seus clientes de forma responsable, diligente e respectuosa cos seus intereses, por iso a transparencia debe ser un principio presente na súa actuación que permita garantir o coñecemento e a comprensión dos servizos contratados. A contratación dos negocios financeiros formalizados polas entidades réxese polo principio de liberdade de contratación.

As entidades de crédito deberán entregar ao cliente un exemplar do contrato bancario que se subscriba. Tamén deberán entregarlle un exemplar das tarifas de comisións que se aplican ao contrato bancario.

Toda a información, documentación e comunicacións aos clientes deberanse estar recollidas en papel, en formato electrónico ou en calquera outro soporte duradeiro. O contido deberá estar redactado de forma comprensible, legible, podendo facerse a redacción en castelán, en catalán, galego ou vasco. Así mesmo o Banco de España poderá esixir o emprego dun formato ou un tipo de letra.

 

O conrtato bancario como contrato de adhesión

Nas prácticas bancarias poderás atoparte con CONTRATO DE ADHESIÓN, son aqueles onde as cláusulas veñen impostas pola entidade, o que significa que non tes opción de negociar as condicións xerais do mesmo e por tanto a única alternativa é aceptar todo o contrato en bloque ou desistir e non contratar. En todo caso, nos contratos nos que se usen cláusulas non negociadas individualmente, estes deben ser concretos, claros, de redacción sinxela e con posibilidade de comprensión directa, deben ser accesibles e legibles, deben rexerse pola boa fe e o xusto equilibrio entre os dereitos e as obrigacións entre as partes, o que exclúe o uso de cláusulas abusivas.

Nos nos contratos de adhesións atópaste nunha situación de desvantaxe respecto a entidade financeira, por dicilo doutra maneira, eres a parte débil da relación contractual, o que a fai beneficiaria dunha maior protección.

As boas prácticas bancarias esixen que a redacción das cláusulas contidas nos contratos bancarios sexan claras, transparentes e comprensibles para os seus clientes, debendo evitar calquera tipo de CLÁUSULA CONFUSA ou que se poida interpretar de formas opostas. O que se busca é que o contido dos contratos poida ser de aplicación directa.

Nos casos nos que as cláusulas non sexan o suficientemente claras, ou poidan dar lugar a diferentes interpretacións, as entidades deben tratar de chegar a un acordo favorable para ambas as partes. En caso de non chega a acordo, establécese que a interpretación de cláusulas escuras farase a favor do consumidor. Se se dese a situación na que se introduciu no contrato algún erro illado que non se poida considerar como  unha mala práctica bancaria, a entidade debe tratar de rectificalo.

En canto ás CLÁUSULAS ABUSIVAS, considéranse como tales aquelas que non fosen negociadas individualmente, así como as prácticas non consentidas expresamente, que causen un desequilibrio importante entre os dereitos e obrigacións das partes ocasionando un prexuízo do consumidor. Como regra xeral serán abusivas todas aquelas cláusulas que vinculen o contrato á vontade do empresario, limiten os dereitos do consumidor, determinen a falta de reciprocidad no contrato, impoñan indebidamente a carga da proba ao consumidor, resulten desproporcionadas ou contraveñan as regras sobre competencia e dereito aplicable.

En calquera caso, cando nun contrato aparézanse cláusulas abusivas estás serán nulas de pleno dereito e teranse por non postas. Neste caso, o contrato seguirá sendo obrigatorio para as partes a condición de que poida subsistir sen as cláusulas eliminadas.

 

Modificación e extinción do contrato bancario

En xeral, salvo nos contratos de duración indefinida, cabe a a posibilidade de modificar as condicións pactadas, o cal debe estar recollido no contrato, podendo fixarse unha comisión pola devandita modificación cando sexas ti o que pida a modificación.

Se é a entidade a que insta unha modificación beneficiosa para ti, esta poderá ser aplicada inmediatamente tras informar da mesma. No resto dos casos haberá que seguir o establecido no contrato. Nos contratos de duración indefinida, a modificación dos contratos poderá realizarse a través da súa publicación no taboleiro de anuncios das oficinas, pero a modificación deberá ser notificada ao cliente cando vaia referida a comisións ou gastos.

Como regra xeral, o contrato EXTÍNGUESE en cando transcorre o seu prazo de duración. Nos casos nos que a duración se fixase por un prazo superior a 12 meses e o contrato finalizase a resolución do contrato é gratuíta. A entidade financeira tamén está facultada para proceder discrecionalmente á cancelación do contrato, o que se che deberá comunicar con suficiente antelación.

Pola contra, ti podes resolver o contrato en calquera momento, salvo que se pactase unha obrigación de preaviso, que nunca poderá ser superior a un mes. Nestes supostos deberá asumir todos os gastos derivados da resolución, pero se o contrato fóra de duración indefinida.Naqueles contratos que levasen aparellado o cobro de servizos de pago, deberás abonar a parte proporcional devengada. En caso de facerse un pago anticipado a entidade deberá reembolsarla cantidade proporcional.

 

Temática:
Serv. financeiros e segurosServizos financeiros