As pezas de reposto empregadas polos talleres coa finalidade de reparar o vehículo, deberán ser novas e axeitadas ao modelo de vehículo que corresponda, salvo naqueles supostos nos que haxa consentimento previo do cliente para empregar pezas usadas. En caso de empregarse pezas de segunda man, os talleres deberán ter á túa disposición documentación xustificativa da orixe e prezo das mesmas.

Así mesmo, queda prohibida a substitución de pezas que non fose necesarias sempre que isto supoña un incremento no custo da reparación ou unha posible degradación do vehículo.

Cando se substitúan pezas no vehículo, coa entrega deste entregaranche todas aquelas pezas que se cambiasen, salvo que ti indicases o contrario.

En todo caso, os talleres oficiais da marca están obrigados a ter a disposición do público os catálogos e tarifas das pezas empregadas nas reparacións, así como as táboas de tempos de traballo, quedando prohibida a inclusión nos resgardos, presupostos ou facturas, cláusulas que afecten aos teus dereitos ou que sexan contrarias ao establecido pola normativa vixente.

Temática:
ServizosTalleres reparación de vehículos