Mercados

Se tes contratado menos de 10 kw de potencia, poderás optar entre dous mercados nos que contratar a electricidade para o teu fogar: mercado libre ou mercado regulado.

Se optas por contratar en MERCADO REGULADO (lembra que só poderás acceder ao mercado regulado se tes 10 ou menos kw de potencia contratada), terás que contratar o servizo con algunha das comercializadora de referencia[1]. Neste caso, disporás dun maior grado de protección, posto que tanto os prezos, as compañías e as condicións do contrato de subministro veñen regulados por lei, así como os cortes de subministro e os prazos de reclamación. Debes saber que, cando contratas con unha comercializadora de mercado regulado esta nunca vai establecer prazo de permanencia.

En canto ao prezo, actualmente responden a valores diarios de mercado, denominado como PREZO VOLUNTARIO PARA O PEQUENO CONSUMIDOR (PVPC), que son os prezos máximos que poderán cobrar as comercializadoras de referencia. As variacións e os prezos medios podes consultalos na páxina de Red eléctrica de España ou pinchando AQUí .

Salvo que expresamente manifestases o contrario, enténdese que a modalidade de contratación coa comercializadora de referencia será o PVPC. De entenderse que se realizou manifestación expresa en contrario, deberá acreditarse por calquera medio contrastable que permita garantir a identidade do mesmo. Así mesmo, non incluirá ningún outro produto ou servizo, enerxético ou non, ofrecido directamente polo comercializador de referencia ou por terceiros.

Asemade, en mercado regulado tamén poderás contratar a enerxía a un PREZO FIXO DURANTE 12 MESES. Neste caso, debes ter presente que, aínda que o prezo non varíe durante ese tempo será superior ao PVPC.

Actualmente, as comercializadoras de referencia está obrigadas a realizar unha ofera alternativa ao PVPC aos consumidores con dereito ao mesmo na que se estableza un prezo fixo do subministro para un período dun ano. Estas ofertas serán uniformes en cada momento a todos os consumidores con dereito ao PVPC en todo o territorio español ou para o ámbito territorial que corresponda, quedando obrigadas a manter unha única oferta vixente en cada momento.

Esta oferta debe ser comunicada á CNMC, que a publicará na súa páxina web[2] nun prazo máximo de 5 días desde a súa recepción xunto ás restantes ofertas comerciais anuais remitidas e, unha vez publicadas, terán unha validez, como mínimo, dun mes. Así mesmo, unha vez formalizado o correspondente contrato, esta oferta aplicarase durante un ano.

Este contrato debe terá unha duración dun ano, o cal debe recoller de forma clara que, ao finalizarse o mesmo, de non mediar consentimento expreso pola túa parte, a comercializadora de referencia poderá aplicar ou ben o PVPC ou renovar o contrato aplicando o prezo fixo anual vixente nese momento. Así mesmo, a compañía deberá remitirche, anterioridade á finalización do contrato, unha comunicación escrito informándote da data de finalización do contrato, das diferentes alternativas de contratación existentes, das novas condicións ofertadas para a súa renovación de acordo coa oferta en vigor en cada momento. En todo caso, se non solicitaches un novo contrato, a partir da data de finalización do contrato, aplicaráseche automaticamente a modalidade de contratación determinada pola túa elección non momento de formalizar o contrato inicial.

A oferta a prezo fixo anual deberá indicar de forma clara as posibles penalizacións que se che poderán aplicar no caso de que rescindas o contrato de forma anticipada, antes de que se cumpran os 12 meses.

Se optas por contratar en MERCADO LIBRE, a contratación do subministro eléctrico poderás realizala coa comercializadora que elixas en función dos prezos libremente ofertados por estas, existindo multitude de compañías[3]. Neste caso, é a compañía a que establece os prezos  unilateralmente e as condicións son libres, debendo atender ao que recolla o contrato, impóndose na maioría dos casos un prazo de permanencia (que poderá ser de 1 ano como mínimo) e, consecuentemente, penalización por resolución anticipada do contrato.

Presta atención, á hora de contratar con unha compañía de mercado libre, aos servizos accesorios que estas inclúen nos seus contratos e que moitas veces non es consciente da súa contratación, polo que facturan un importe mensual por un servizo de mantemento ou asistencia, os cales se renovan anualmente se non solicitas expresamente a súa cancelación.

ATENDE. O antigo bono social supón un desconto do 25% no termo de potencia e no de enerxía, pero só poderás acceder a el se estás acollido ao PVPC, é dicir, se estás no mercado regulado. Se te cambias ao mercado libre automaticamente deixará de aplicárseche o desconto do bono social, aínda que cumpras todos os requisitos necesarios para que se che aplique.

Porque medra tanto o número de contratos en mercado libre? Realmente ofertan mellores condicións e prezos?

Debes prestar moita atención ás ofertas que as compañías de mercado libre fan en cada momento, posto que as ofertas que estas comercializadoras realizan cos seu correspondentes descontos, na maioría das ocasión non suporán un prezo inferior ao que ves pagando, por tanto, atende ao prezo da enerxía e non só no desconto ofertado. Atende tamén á posibilidade de que estas compañía, a meirande parte das veces, ofertan servizos adicionais, que supoñen un incremento na túa factura da luz, sendo servizo que incluso pode ser que non precises..

 

O proceso de alta

 

Novos puntos de subministro.

Cando queiras contratar un NOVO PUNTO DE SUBMINISTRO QUE XA EXISTE e estea sendo subministrado ou existe pero leva tempo sen ser subministrado, poderá subrogarte no contrato do anterior usuario.

Neste caso, se non aumentas a potencia, non terás que pagar dereitos de acceso á rede nin dereitos de extensión, posto que xa está conectado. Pero si será importante que anotes a medición que marca o contador no momento de entrada no inmoble e comunicarllo a empresa distribuidora.

A documentación necesaria para contratar:

  • D.N.I.
  • Título de propiedade ou contrato de aluguer da  vivenda ou local.
  • Licenza municipal: si vai a cambiar de uso.
  • Ademais, tamén se recomenda presentar o número de conta corrente ou libreta de aforro, a referencia catastral do inmoble e o Boletín de Industria expedido por un electricista instalador autorizado. O punto de subministro xa dispón dun, pero se a potencia que desexas contratar é superior á máxima admisible que figura no Boletín do propietario anteiror, será necesario que un instalador autorizado adecúe a instalación e extenda un novo Boletín.

En todo caso, cando se trate dun subministro doméstico que leva máis de tres anos sen servizo, pode que caducasen os dereitos de extensión, motivo polo que terás que volver a pagalos.

Cando se trate dun PUNTO DE SUBMINISTRO QUE NO EXISTE, terás que dirixirte á empresa distribuidora quen debe informarte e asesorarte sobre as potencias dispoñibles segundo as distintas tensións na zona, así como sobre cal é a potencia  e tarifa máis conveniente para ti, segundo as túas condicións e sobre as demais condicións do contrato. En calquera caso, poderás elixir libremente a potencia que desexes contratar e a tarifa que mellor che conveña, entre as oficialmente aprobadas.

Para elo, será necesario solicitar o acceso á rede xunto con toda a documentación necesaria (DNI, título de propiedade ou contrato de aluguer da vivenda e o Boletín de Industria), e será recomendable tamén que acompañes o número de conta bancaria, a referencia catastral do inmoble e a licenza municipal (no caso de primeira ocupación ou cambio de uso). Deberás acudir con esta documentación a oficina comercial.

A distribuidora ten que elaborarche un orzamento por escrito, no que se recollan as condicións técnicas e económicas.Debes saber que, como regra xeral, a empresa dispón dun prazo máximo de 5 días hábiles para emitilo (para subministracións de baixa tensión ata 15 kw de potencia nos que non sexa necesario realiza instalacións de extensión), podendo aumentarse este prazo ata 10 días para calquera outro servizo, cando non sexa necesaria a instalación de centros de transformación ou se son necesarios cando só sexan necesarios servizos auxiliares de obra; podendo ampliarse ata 20 ou 30 días, segundo sexan necesarios servizos definitivos con centro de transformación de media a baixa tensión ou servizo definitivo con subestación transformadora de alta a media tensión, respectivamente.

Debes saber que, para dar de alta un novo subministro terás que pagar por:

  • dereitos de acometida, que é a contía que se abona á distribuidora por realizar as actuacións necesarias para atender un novo subministro ou para a ampliación dun xa existente. Estes incluirán os dereitos de extensión[4], cuxo importe de cota será de 17,374714 € por kW solicitado e os dereitos de acceso[5], cuxa cota de acceso en baixa tensión é de 19,703137 € por kW contratado.
  • Tamén che poden cobrar polos dereitos de supervisión de instalacións cedidas, que se abona pola supervisión dos traballos, realización de probas ou ensaios previstos á concesión da autorización de explotación, a pagar a empresa distribuidora polo solicitante dun novo subministro ou da ampliación de potencia dun xa existente, que opte pola execución directa e posterior cesión das instalación. A cota en baixa tensión será de 101,52 € por actuación.
  • Por dereitos de enganche, que pagarás pola operación de acoplar electricamente a instalación receptora á rede da empresa distribuidora ou cando o distribuidor realice algunha actuación nos equipos de medida e control por petición do consumidor. A cota en baixa tensión é de 9,044760 €  por kW contratado.
  • Tamén che poderá facturar polos dereitos de verificación, que se abonarán pola revisión e comprobación de que as instalacións se axustan ás condicións técnicas e de seguridade reglamentaria. Non se pagarán estes dereitos polas subministracións que deban presentar un boletín de instalación autorizado nin os que necesitasen un proxecto e certificado final. A cota que se pagará en baixa tensión por este concepto será de 8,011716 € por actuación, que poderán modificarse un máximo do 5% a alza ou a baixa polas CC.AA.
  • Finalmente, tamén che poderán cobrar en concepto de dereitos por actuacións nos equipos de medida e de control, que inicialmente serán os mesmos que os fixados para os dereitos de enganche.

En calquera caso a distribuidora será a responsable e asumirá o custe do entronque e conexión das novas instalacións á rede de distribución existente, cuxas actuacións non incluirán o custe dos materiais necesarios, que serán por conta do solicitante. Así mesmo, se unha empresa distribuidora decidise non cobrar por algún dos dereitos anteriormente indicados, quedará obrigada a aplicar dita exención a todo os consumidores conectados ás súas redes.

A EXECUCIÓN DAS INSTALACIÓNS do novo subministro en baixa tensión realizarase nun prazo de 5 días hábiles, cando non sexa preciso realizar ningunha  ampliación na rede, podendo ampliarse este prazo ata 30 días cando necesiten ampliar a rede de baixa tensión ou ata 80 días, cando precisen construír varios centros de transformación:.

Para o ENGANCHE e INSTALACIÓN DOS EQUIPOS DE MEDIDA, o prazo máximo será tamén de 5 días desde que subscribises o correspondente contrato de luz. Lembra que nos supostos de enganche despois dun corte por impago, este deberá levarse a cabo no prazo máximo de 24 horas, a contar dende o pago da factura.

O incumprimento, por parte da compañía, de calquera dos prazo sinalados, darache dereito a unha indemnización por importe de 30 € ou do 10% da primeira factura completa, segundo a cantidade que resulte maior. Dita indemnización farase efectiva na primeira facturación que se produza desde a incidencia. Con independencia desa indemnización, poderás acudir a vía xudicial para reclamar a correspondente indemnización polos danos e prexuízos que este incumprimento che causase.

No momento de contratar o acceso á rede, a empresa distribuidora poderá esixir a entrega dun DEPÓSITO DE GARANTÍA, ben directamente a ti ou á comercializadora, no caso de que sexa esta a que contrata o acceso no teu nome. De non esixirse dito depósito, nun ámbito xeográfico determinado e categoría de consumidores determinada, esta exención deberá ser publicada e comunicada á Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas e non poderá ser discriminatoria entre os consumidores de similares características. Este depósito entenderase adscrito ao consumidor como titular do contrato, non podendo ser esixido transcorridos seis meses desde a primeira formalización do mesmo.

A devolución do depósito realizaráseche sempre a ti, con independencia de que contratases ti directamente ou o fixese o comercializador no teu nome e farase de forma automática á resolución do contrato. Debes saber que a distribuidora poderá aplicar a parte correspondente do depósito ás cantidades pendentes de pago unha vez que se resolvese o contrato. Pola contra, a distribuidora non poderá esixir o pago de ningunha cantidade anticipada, a parte do depósito, coa única excepción das subministracións eventuais de corta duración, inferior a dous meses, en cuxo caso admitirase a facturación previa dos consumos estimados sobre a base da potencia solicitada e ao número de horas de utilización previsible e non procederá o cobro do depósito.

 

Cambio de comercializadora

Cando o que solicites sexa un cambio de comercializadora e teñas dereito a quedar acollido ao PVPC, este debe ser efectivo no prazo máximo de 21 días, contados dende a recepción da solicitude de cambio polo distribuidor. En todo caso, o prazo de peche das liquidacións co subministrador saínte será de 42 días como máximo, contados desde a data na que se producise o cambio de compañía.

Naqueles casos nos que o cambio se poida realizar sen realizar actuacións sobre as instalacións, poderás optar porque o cambio de comercializadora se faga no prazo dos 15 días seguintes dende a solicitude ou en data elixida por ti e que deberás comunicar á compañía. Cando sexa necesario realizar actuación sobre as instalacións, o cambio producirase cando se realizasen as actuacións pertinentes pola distribuidora, que en todo caso, deberá axustarse aos prazos máximos establecidos, así mesmo, o distribuidor procederá a realiza o peche de lecturas xunto coas actuacións das instalacións.

En todo caso, paro o peche da facturación, poderanche estimar o consumo cando o cambio de comercializadora ou de modalidade de contratación se realice fóra do ciclo de lectura, realizándose conforme ao método de estimación de medidas vixente para o cambio de comercializadora.

 

O Contrato

Cando contrates o PVPC con unha das comercializadoras de referencia poderás optar por contratar conxuntamente a adquisición da enerxía e o acceso ás redes coa mesma comercializadora de referencia, sendo esta a que contrate co distribuidor o acceso ás redes no teu nome quedando obrigado a comunicar a duración do contrato de adquisición de enerxía. En todo caso, o contrato de adquisición de enerxía non será efectivo ata que non se dispoña do acceso á rede, que será formalizado entre ti e o comercializador, sendo obriga da comercializadora a de dispor en todo momento da documentación que acredite a vontade do cliente de contratar o subministro ao teu nome.

Tamén poderás contratar de forma separada a adquisición de enerxía e o acceso á rede, contratando ti directamente o acceso á rede coa distribuidora e terás que acreditar o contrato de adquisición de enerxía, a duración do contrato e o suxeito concreto con quen ten suscrito o contrato.

O titular do contrato de subministro e, no seu caso, de acceso, deberá ser o efectivo usuario da enerxía e non poderás empregala un lugar distinto para o que foi contratada, nin cedela ou vendela a terceiros.

 

[1] Comercializadoras de referencia:

Endesa Energía XXI, S.L.U.;
Iberdrola Comercialización de Último Recurso, S.A.U
Gas Natural S.U.R., SDG, S.A.
EDP Comercializadora de Último Recurso, S.A.
E.ON Comercializadora de Último Recurso, S.L.

[2] Se queres comparar a última oferta de prezos fixo publicada na web da CNMC pincha aquí.

[3] Listado de comercializadoras de mercado libre, a 1 de outubro de 2015:

[4] Dereitos de extensión: importe que se paga pola solicitude dun novo subministro ou ampliación de potencia dun xa existente, polas instalacións de nova extensión de rede necesarias que sexan responsabilidade da empresa distribuidora

[5] Dereitos de acceso: importes que se paga á distribuidora por cada contratante dun novo subministro ou da ampliación de potencia dun xa existente cuxo abono procederá pola súa incorporación á rede, que se pagará ao contratar un novo subministro ou ao ampliar a potencia dun xa existente e págaos o contratante.

Temática:
SubministrosElectricidade