De que protección dispós como inversor?

Actualmente, a protección do inversor establécese a través da Directiva de Mercados de Instrumentos Financeiros, conocida como MiFID. A través desta armonízase en Europa a regulación sobre os mercado de valores, os intrumentos financeiros que neles se negocian, a organización das entidades financeiras que prestan servizos de inversion, as súas relacións cos clientes así como a protección ao inversor.

Se atendemos á CATEGORÍA DO INVERSOR, a normativa MiFID regula a conducta que rexerán as relacións entre os cliente e as entidade, en funcion do tipo de cliente ao que vaian dirixidas, buscando que se axusten ás particularidades e necesidades de proteción de cada categoría de inversor. É necesario que as entidades cataloguen aos cliente (atendendo á experiencia, coñecementos dos mercados de valores e importes envertidos) ou ben como minorista, se é un cliente con menos coñecementos e experiencia, polo tanto, son os clientes con maior protección (por ejemplo, un particular, PYMES, etc.) ou como profesionais, que son clientes con maior coñecemento e experiencia (por ex. bancos, grandes empresas, etc.)

Se o banco te trata como minorista, otorgaráseche unha maior protección e terán que proporcionarche a información con maior detalle e a oferta productores convientes para o perfiel en cuestión. Debes atender, posto que en determiandas ocasións a un cliente catalogado como miorista o cambien de categoría para poder acceder a determinados servizos. Permítese o cambio de categoría de minorista a profesionais sempre e canso se solicite expresamente por escrito e se cumpran determinadas condicións (ao menos dous) relativos á frecuencia e volume das operacións que realiza, ao valor da súa carteira e a súa experiencia profesional nos mercados. Se es ti o que solicitas o cambio de categoría a entidade financeira debe advertirche de que quedarás privado da protección da que dispuñas e deberás manifestar que es consciente da desaparición de dita protección e das consecuencias da renuncia, debendo quedar constancia de todo por escrito.

Se atendemos a COMPLEXIDADE DO PRODUTO, haberá que diferenciar os complexos dos non complexos. Esta clasificación permitirá determinar o grado de protección e información que che deberá prestar a entidade. Para determinar se o produto é ou non complexo, haberá que observar se é líquido, se conleva un risco de perda superior á inversión inicial, si se pode obter información completa e comprensible do produto e se non contén derivados na súa esctructura. Neste caso, diferéncianse entre produtos non complexos, nos que a entidade non ten a obriga de valorar se o produto é ou non axeitado para o consumidor e executará a orde de compra e, productos complexos, supostos nos que a entidade se debe asegurar que o prduto sexa axeitado para o cliente a través do test de conveniencia.

QUE É O TEST DE CONVENIENCIA? É o conxunto de preguntas que se che deberán realizar para determinar se o produto é axeitado ou non para o teu perfil, mediante a valoración dos teus coñecementos e, para elo, preguntaráseche sobre os tipos de produtos e servizos cos que estás familiarizado, a natureza, volume e frecuencia das operacións feitas con anterioridade, o periodo durante o cal se levaron a cabo e o nivel de estudos e profesión actual ou anterior. As entidade quedan obrigadas a ssolicitar esta información para coñecer mellor o tipo de cliente e poder determinar capacidade de comprensión do produto e dos seus riscos. Cando a contratación dun produto non complexo fose solicitada por ti a obriga desaparece.

En calquera caso, a entidade deberá informarte do resultado do test de conveniencia. No caso de que a información facilitado non fose suficiente, a enitade poderá realizar a operación previo aviso de que non foi posible determinar se é ou non axeitado para ti. Pola contra, se o resultado fose non conveniente, a entidade deberá comunicarchi así, debendo ser ti o que decidas e asunas a responsabilidade da súa contratación.

Será válida a obtención de información por parte da entidade por teléfono se ao longo da conversa telefónica se realiza a evaluación e se comunica o resultado. Nestes casos será necesario grabar a convesación para poder acreditar a realización do test de conveniencia, e tamén deberá quedar grabado o caso no que decidas realizar a operación sen someterte ao test de conveniencia.

Asemade, tanto cando se presente un servizo de asesoramento de inversións como cando se contrate a xestión de carteira, a entidade deberá facer as recomendacións que mellor se axusten á túa situación persoal, para o cal terán que analizar unha serie de datos a través do TEST DE IDONEIDADE. As cuestións a realizar irán destinadas a coñecer sobre os coñecementos e experiencias previas (test de conveniencia), a situación financeita do cliente e os obxetivos de inversión.

No caso de que a información que proporciones non sexa suficiente para valorar a idoneidade ou cando o produto non sexa idóneo, a enidade non poderá prestar nin o servizo de asesoramento nin o servizo de xestión de carteira.

Debes atender a recente publicación, o pasado 5 de novembro de 2015, unha Orde relativa as obrigas de información e clasificación de produtos financeiros, que obriga ás entidades a entregar aos seus clientes ou potenciais clientes un indicador de risco, que terán que estar actualizados ao momento da entrega e, no seu caso, unhas alerta por liquidez e complexidade. Esto aplicarase tanto a instrumentos financeiros (Nota o pe do  parrafo), como a depósitos bancarios incluíndo, entre outros, os depósitos á vista, de aforro e a prazo, aos produtos de serguros de vida con finalidade de aforro, incluídos os plans de previsión asegurados e aos plans de pensións individuais e asociados.

(1) Accións de sociedades e valores negociables equivalentes as accións; cédulas e bonos de internacionalizacións; os bonos, obrigacións e outros valores análogos, representativos de parte dun empréstito, incluidos os convertibles ou canxeables; as cédulas, bonos e participacións hipotecarias; os bonos de titularizacións; as participacións e accións institucionais de inversióm colectiva, así como as das entidades de capital-risco e as entidades inveriosión colectiva de tipo cerrado; os intrumentos do mercado monetario, como as letras del Tesoro, certificados de depósitos e pagarés; as participacións preferentes; ou outros aos que a normativa atribúa a condición de valor negociable.

Por tanto, os produtos financeiros clasificaranse do seguinte xeito:

  • Clase 1: depósitos bancarios e produtos de seguros con finalidade de aforro (incluidos os plans de previsión asegurados).
  • Clase 2: intrumentos financeiros de carácter non subordinado denominados en euros que dispoñan dun compromiso de devolución do 100% do capital invertido cun prazo residual igual ou inferior a 3 anos.
  • Clase 3: intrumentos financeiros de carácter non subordinado que dispoñan dun compromiso de devolución do 100% do capital invertido cun prazo residual superior a 3 anos e igual ou inferior a 5 anos.
  • Clase 4: intrumentos financeiros de carácter non subordinado que dispoñan dun compromiso de devolución do 100% do capital invertido cun prazo residual superior a 5 anos e igual ou inferior a 10 anos.
  • Clase 5: intrumentos financeiros de carácter non subordinado que dispoñan dun compromiso de devolución do 100% do capital invertido cun prazo residual superior a 10 años ou que dispoñan dun compromiso de devolución do 90 % do principal invertido cun prazo residual igual ou inferior a 3 anos.
  • Clase 6: incuiranse o resto de produtos financeiros non contemplados en ningunha outra clase.

A representación do indicador de risco e das alertas sobre a liquidez e sobre a complexidade, farase empregando o seguinte gráfico, que se incorporará na parte superior da primeira folla das comunicacións publicitarias ou da información sobre o produto financeiro cando se realice por escrito.                  

Asemade, as entidades poderán substituír esta figura, por outra que se representa gráficamente coa indicación numérica da clase á que pertence o produto financeiro, e que será a seguinte:

En calquera caso, as entidade deberán proporcionarche con suficiente antelación información imparcial, clara e non engañosa, que facilite a comprensión dos produtos e servizos de inversión, aportándoche información detallada sobre os produtos que se vaian a contratar, detallando a natureza e risco e información sobre os custos e gastos diretos e indiretos que deberás soportar.

Cando se trate dunha orden de compra ou de venta dun produto financeiro, a entidade debe executar dita orden o antes poisble buscando sempre o mellor resultado para ti. En todo caso, para poder executar unha orden é necesario que previamente deses o consentimento á política de execución da entidade. cabe tamén a posibilidade de que deas instrucción específicas sobre como queres que se execute a orde, as cales serán prioritarias.

A entidade debe proporcionarche información para que poida seguir a evaluación das túas inversións.

Existen conflictos de intereses cando xurden situacións que podendo ser beneficiosas para un grupo de clientes ou para a propia entidade, son prexudiciais para outro grupo de cliente. Ara evitar esta situación, a entidade debe establecer as medidas e prodementos a través da política de xestión de conglictos de interés, a cal deberá ser comunicada ao cliente antes de realizar ningunha contratación. Posteriormente, o cliente poderá solicitar unha ampliación desta información.

Ao comezo da relación coa entidade, recibirás información sobre os mecanismos de protección dos que dispós para o depósito e custodia dos instrumentos financeiros e do teu efectivo.

Os valores deberán estar sempre identificados en contas individuais ao teu nome e separados dos valores da entidade e dos do resto de clientes; con todo nos mercados internacionais adoita ser habitual que a compra ou venda se rexistre en contas ómnibus cuxo risco asumes ti, é dicir, contas globais para clientes dunha mesma entidade sen que conste como titular o investidor final. Deberás recibir información previamente do risco que isto suporía.

 

O Fondo de Garantía nos casos de insolvencia (FOGAIN)

Así mesmo, tamén se che deberá informar sobre o fondo de garantía ou compensación ao que se atopa adherida a entidade para que, en caso insolvencia desta, poidas solicitar a compensación do fondo ao que se atope adherido.

O FONDO DE GARANTÍA DE INVESTIMENTOS (FOGAIN) asegura aos consumidores dunha entidade adherida a recuperación do efectivo e os instrumentos financeiros entregados á entidade e que esta posúa, administre ou xestione por conta do investidor por un máximo de 20.000 euros por investidor.

Para acudir ao FOGAIN é necesario que estea en concurso de acredores ou que haxa unha declaración da CNMV indicando que a entidade non pode cumprir coas obrigacións contraídas cos seus clientes pola súa situación financeira.

O FOGAIN non cobre as perdas de valor que sufran os investimentos como consecuencia do funcionamento dos mercados, debendo ser asumidas polo cliente. Para obter a cobertura do FOGAIN o cliente deberá dirixirse á Xestora do FOGAIN e cubrir os formularios esixidos.

 

 

Temática:
Serv. financeiros e segurosServizos financeiros