É un  produto deseñado (exclusivamente ou non) para ser utilizado con fins de xogo por nenos menores de 14 anos.

A normativa comunitaria na materia de seguridade dos xoguetes exclúe desta categoría certos produtos, como os obxectos decorativos para actos festivos ou decoracións, “tirachinas”, patíns, produtos destinados a usarse con fines pedagóxicos, quebracabezas de máis de 500 pezas, videoxogos e chupetes, entre outros.

No mercado podes atopar unha ampla gama de xoguetes como os XOGUETES DE ACTIVIDADE, que son os destinados ao uso doméstico cuxa estrutura de apoio fica inmóbil durante a actividade e destinados a que o neno practique actividades de escalada, saltar, deslizarse, balancearse, randearse ou xirar. Os XOGUETES FUNCIONAIS, que funcionan e se utilizan da mesma maneira que un produto, un aparato ou unha instalación destinados a ser empregados por adultos e que poden ser un modelo a escala daqueles; XOGUETES ACUÁTICOS, que son os destinados a ser utilizados en auga pouco profunda e que son capaces de transportar ou soportar a un neno na auga; os XOGUETES QUÍMICOS, que son os destinados ao manexo de sustancias e mesturas químicas e a ser utilizados de maneira acorde coa idade e baixo a supervisión dun adulto; os XOGUETES DE MESA OLFATIVOS, que son aqueles que teñen por obxecto axudar ao neno a que aprenda a recoñecer distintos olores ou sabores e os XOGUETES GUSTATIVOS que permiten aos nenos facer golosinas ou pratos que impliquen o uso de ingredientes alimentarios, tales como edulcorantes, líquidos, pos e aromas.

Temática:
ProdutosXoguetes