As normas sobre a seguridade desta clase de produtos son máis amplas que as doutros produtos debido á maior vulnerabilidade dos seus destinatarios (os nenos). Cando o xoguete cumpra con todos os requisitos que a normativa aplicable establece, pode falarse de “xoguete seguro”.
Os xoguetes NON PODEN COMPROMETER A SEGURIDADE NIN A SAÚDE dos seus usuarios nin de outras persoas cando se empregue para o seu destino normal ou conforme ao seu uso previsible, tendo en conta o comportamento dos nenos. Terase en conta a capacidade dos destinatarios dos xoguetes e a dos seus supervisores, sobre todo cando os nenos sexan menores de 36 meses.
Ademais, os xoguetes e as súas partes deberán ter a RESISTENCIA MECÁNICA e, no seu caso, a estabilidade, suficiente para soportar as tensións resultantes do seu uso sen que se produzan roturas ou deformacións que poidan causar deformacións físicas. Asemade, as súas partes e o embalaxe non deberán presentar risco de asfixia nin estrangulamento. Por outra banda, os bordes, saíntes, cordas, cables e fixacións accesibles dos xoguetes deberán deseñarse e fabricarse de maneira que se reduza ao máximo posible o risco de lesións físicas que puidera provocar o contacto con eles.
Estes NON SERÁN INFLAMABLES, tendo que estar compostos de materiais que non ardan si se expoñen directamente a unha chama, chispa ou outra fonte de fogo ou que non se inflamen con facilidade.
En atención ás SUSTANCIAS ou MESTURA QUÍMICAS que conteñan, estes deberán estar deseñados e fabricados de tal xeito que non presenten riscos de efectos adversos para a saúde humana debido ao contacto cos mesmo, se os xoguetes se empregan conforme ao seu destino normal.
Os xoguetes non funcionarán con corrente eléctrica cuxo voltaxe nominal supere a 24 voltios de corrente continua ou a voltaxe de corrente alterna equivalente, e a tensións das súas partes accesibles non superarán os 24 voltios de corrente continua oo a voltaxe de corrente alterna equivalente. En todo caso, en caso de fallo previsible, os xoguetes deberán ofertar protección contra os perigos eléctricos derivados dunha fonte de corrente eléctrica.
En todo caso, os xoguetes eléctricos deberán deseñarse e fabricarse de forma que se garanta que todas as superficies directamente accesibles non alcancen temperaturas que poidan provocar queimaduras. Ademais, deberán ofertar unha protección axeitada contra o perigo de incendio.
Así mesmo, os xoguetes deberán deseñarse e fabricarse de xeito que satisfagan as condicións de hixiene e limpeza para evitar todo risco de infección, enfermidade e contaminación. En concreto, os xoguetes destinados a nenos menores de 36 meses deberán deseñarse e fabricarse de forma que poidan limparse. E, en ningún caso, poderán conter SUSTANCIAS RADIOACTIVAS que poidan ser prexudiciais para o neno.