Os xoguetes deberán conter de modo lexible, comprensible e indeleble, o nome e a marca do xoguete, o nome e dirección do seu fabricante, así como un punto único de contacto con este, o número de tipo, lote, serie ou modelo que permitan a súa identificación, o marcado CE e as advertencias que procedan.

Ademais, os xoguetes deberán ir acompañados das súas respectivas instrucións e dos documentos relativos á seguridade. En todo caso, o etiquetado e instrucións deberán alertar aos destinatarios e aos seus supervisores dos perigos inherentes a estes e dos riscos de danos que entrañe o seu uso, así como as indicacións oportunas para evitalos.

O fabricante indicará as ADVERTENCIAS de maneira clara e visible, facilmente comprensible e precisa no xoguete, nunha etiqueta pegada ou na embalaxe e, se procede, nas instrucións de uso que acompañen ao xoguete. Os xoguetes pequenos que se vendan sen embalaxe levarán as advertencias apropiadas colocadas directamente neles. As advertencias irán procedidas da palabra “Advertencia” ou “Advertencias”, segundo o caso.

Cando proceda, para un uso seguro, as advertencias especificaranse as restricións apropiadas relativas ao usuario (idade mínima e máxima dos usuarios, capacidade e peso máximo e mínimo e/ ou a necesidade de supervisión).

A maiores das advertencias xerais indicadas, os xoguetes poden conter advertencias específicas. Así, no caso de xoguetes non destinados a nenos menores de 36 meses, aparecerán reflectida esta circunstancia a través da correspondente advertencia, a cal indicará o perigo que o xoguete entraña para nenos cuxa idade está comprendida nese intervalo e irá acompañada dun pictograma. (imaxe superior)

Por outra banda, dependendo do tipo de xoguete, deben recoller indicacións de precaucións que teñen que adoptarse ao empregar determinadas categorías de xogues. Así, por exemplo, cando se trate de xoguetes de actividade, estes levarán a advertencia “só para uso doméstico” ou cando sexan funcionais “utilícese baixo a vixilancia directa dun adulto”.

Para garantir que o xoguete sexa conforme cos requisitos aplicables establecidos na lexislación comunitaria de armonización, deben levar o marcado CE.

Este represéntase co símbolo mostrado nas imaxes superiores

Por tanto, o marcado CE que deberá estar presente en todos os xoguetes (na súa etiquetaxe ou embalaxe e no propio xoguete, se este o permite) acredita que cumpren as normas esixidas pola lexislación europea en materia de seguridade dos xoguetes.

Temática:
ProdutosXoguetes