Son os establecementos industrias nos que se realizan operacións para a restitución das condicións normais do estado de funcionamento do vehículo ou de equipos e compoñentes do mesmo, nos que se puxese de manifesto alteracións nas súas condicións con posterioridade ao termo da súa fabricación.

Estes clasifícanse atendendo á relación co fabricante do vehículo, distinguindo entre TALLERES XENÉRICOS ou INDEPENDENTES, os cales non están vinculados a ningunha marca; e TALLERES OFICIAIS DA MARCA, os cales si están vinculados a un fabricante concreto.

Tamén se pode clasificar, atendendo á rama de actividade á que se dediquen, en talleres de mecánica, cando se trate da reparación ou substitución no sistema mecánico do vehículo; electricidade- electrónica, cando se trate de traballos de reparación ou substitución no equipo eléctrico- electrónico do automóbil; de carrozaría, cando se trate da reparación ou substitución de elementos de carrozaría no portante, guarnicionería e acondicionamento interior e exterior dos mesmos; de pintura, cando leven a cabo traballos de pintura, revestimento e acabado de carrozarías.

Os talleres legalmente clasificados deberán colgar na fachada do edificio e de forma visible a placa- distintiva correspondente, a cal na parte superior debe recoller as catro ramas de actividades; na intermedia faise referencia ás especialidades; e na inferior, faise referencia ás siglas da provincia de situación do taller, ao contraste, e ao nº. de identificación do taller asignado pola CA.

Temática:
ServizosTalleres reparación de vehículos