Todos os talleres de reparación de vehículos automóbiles están obrigados a ter á túa disposición follos de reclamación. En todo caso, poderás presentar a reclamación a través do medio que estimes oportuno naqueles supostos nos que o establecemento non dispoña de follas de reclamación ou se negase a entregarcha.

Dispós do prazo de dous meses para presentar a reclamación, a contar desde a entrega do vehículo ou desde a finalización da garantía, a cal deberá presentarse ante a autoridade competente en materia de consumo (IGC no caso de Galicia). Posteriormente, darase traslado á empresa afectada, así como á Asociación Provincial de Talleres correspondente e ás Entidades do sector que se estimen oportunas, as cales disporán dun prazo de 10 días, dende que se lles notificase, para alegar o que estimen convenientes. 

En calquera caso, se desistes da reclamación, como en calquera outro caso,  arquivarase o expediente, con independencia de que a Administración poida incoar, de oficio, o correspondente expediente sancionador por entender que existen irregularidades.

 

 

Temática:
ServizosTalleres reparación de vehículos