Lembra que ao recoller as prendas deberás presentar o RESGARDO e que cho terán que devolver novamente incluíndo a referencia a que o servizo foi pagado, xa que o precisarás se tes que presentar unha reclamación. Se o extraviaches terás que acreditar a túa identidade ante o establecemento e deberás asinarlles a súa copia do resgardo.

Dispós dun prazo de tres meses desde a data de entrega que figura no resgardo para pasar a recoller a prenda. Pasado este tempo poderán cobrarche en concepto de conservación ou gardaroupa. Este importe deberá estar exposto en lugar visible do establecemento e constar na folla informativa cando se trate de servizos a domicilio.

Nunca che poderán pedir un prezo superior ao que figura no resgardo e se este non detallara os prezos ou os servizos a prestar só che poderán cobrar a tarifa máis sinxela anunciada no establecemento.

Temática:
ServizosTinturerías