Presta atención ás características do mercado regulado e do mercado libre e se tes dúbidas, asesórate.

Comproba o aforro que pode supor contratar unha TARIFA DE DISCRIMINACIÓN HORARIA, teñas ou non calefacción eléctrica ou termo de auga quente.

Presta especial atención se tes máis de 10 kw de potencia contratada e segues acollido ao PVPC xa que che estarán a aplicar recargos na factura. Comproba se podes reducir a potencia e se non é posible, busca unha oferta interesante no mercado libre.

Se te visitan ou chaman por teléfono, pide que che entreguen por escrito as condicións da oferta e atende aos prezos, descontos, servizos accesorios e ás penalizacións por baixa anticipada que poida incluír.

Antes de asinar un contrato ou aceptar unha oferta comproba que se corresponde co que che ofreceron inicialmente, pois lembra que a publicidade obriga ás empresas.

Cando unha compañía contacte contigo por teléfono para venderche electricidade, deberá confirmarche a oferta por escrito nun soporte de natureza duradeiro (por ex. correo electrónico). Só quedarás vinculado polo contrato cando aceptes a oferta mediante a sinatura ou envío por escrito do seu acordo. Revisa que o establecido no contrato coincida co ofertado telefonicamente.

Nos contratos celebrados fóra do establecemento comercial (por ex. cando che ven un comercial polo teu domicilio), dispós dun prazo de 14 días naturais  para desistir do contrato sen ter que xustificar a tá decisión e sen que che supoña custo algún.

Temática:
SubministrosElectricidade