Á hora de elixir, podes comparar prezos, servizos e as ofertas das comercializadores. Sempre podes pedir asesoramento nunha Oficina de Información ao Consumidor ou a través dunha organización de consumidores.

  • É recomendable que leas atentamente as condicións do contrato antes de decidirte por unha oferta.
  • Informarte e pregunta no caso de recibir ofertas telefónicas ou unha visita inesperada no teu domicilio para cambiar de subministrador.
  • Non facilite ao vendedor os datos bancarios, facturas anteriores nin datos persoais se non estamos realmente seguros da contratación.
  • É importante que teñas unha copia do teu contrato coas condicións que se te aplican. En caso de realizar a contratación por internet, garde ou imprima a copia da oferta e do contrato.
  • Se a contratación foi celebrada fora do establecemento comercial (ventas domiciliarias por teléfono ou internet), ten catorce días para desistir do contrato sen ter que dar xustificación algunha. O vendedor está obrigado a informarte do procedemento a seguir. 
Temática:
SubministrosGas