• Infórmate sobre os prezos por hora de traballo, transporte, desprazamento e de posibles recargas en casos de urxencia ou fóra de xornada laboral.
  • Entenderase que todos os prezos que faciliten inclúen o IVE ou calquera outro imposto.
  • Tes dereito a un orzamento previo por escrito salvo que renuncies expresamente de puño e letra coa seguinte frase “Renuncio ó orzamento previo e autorizo a reparación”.
  • Pedir sempre diferentes orzamentos para poder comparar, tendo presente que, no caso de que o soliciten, estarás obrigado a pagar a súa elaboración (media hora de man de obra de traballo e un desprazamento) exceptuando o da empresa seleccionada para realizar o traballo.
  • A prestación do servizo só se poderá levar a cabo unha vez que concedas a túa conformidade mediante a sinatura dun orzamento ou da renuncia ao mesmo, debéndose ter moito coidado pois moitas veces o que nos dan a asinar é unha renuncia ao orzamento previo.
  • Comproba que o orzamento conteña, entre outras cuestións:
    • Nome e apelidos, ou denominación social, enderezo, teléfono, NIF ou CIF do prestador do servizo;
    • Descrición detallada do servizo solicitado
    • Prezo da man de obra por día, hora, metros superficies, volumes ou outro tipo de tarifas usuais no tipo de servizo que se vai realizar.
    • Data prevista do inicio e remate do servizo.
    • Período e condicións da garantía do servizo.
    • Data e sinatura de recepción do orzamento polo cliente.
    • Data e sinatura da aceptación do orzamento polo cliente.
  • Calquera modificación do orzamento inicial, deberase poñer por escrito en coñecemento do usuario, non cabendo modificacións á alza dos orzamentos nos casos de erros nas medicións e valoracións efectuadas polo prestador.
  • Nos se poderá esixir o pagamento de cantidades que excedan sobre os prezos anunciados ou sobre os orzamentos aceptados.
  • Todas as pezas, elementos ou materias que se empreguen deberán ser novas, permitíndose o emprego de pezas ou materiais usados só cando o usuario o autorice previamente por escrito. O prestador do servizo deberá entregar as pezas ou elemento substituídos, así como retirar os materiais de refugallo orixinados durante os servizos prestados salvo manifestación en contra por parte do usuario.
  • Debes saber que os gastos de desprazamento só se poderán cobrar unha vez cando se trate do mesmo servizo.
  • Todos os servizos de mantemento, reparación e reforma terán unha garantía mínima de 3 meses coa excepción das pezas substituídas que terán o prazo legal de garantía de 2 anos, no caso de ser novas, e dun mínimo de 1 ano, no caso de ser usadas ou de segunda man.
  • Lembra que o prestador do servizo está obrigado a entregarche unha factura
  • O técnico que acuda ao seu domicilio debe ter a disposición do usuario información de prezos, orzamentos, garantías e follas de reclamacións.
Temática:
VivendaReformas