A regra xeral é que os establecementos de tinturaría e lavandería responden dos danos e prexuízos que poidan causar na prestación dos seus servizos, agás que poidan eximirse de responsabilidade cando falamos dos resgardos.

Para evitar dificultades á hora de determinar a indemnización que che puidera corresponder nos casos de danos ou perda das prendas, é recomendable, como se dixo, incluír de común acordo este importe no resgardo, no caso contrario deberá determinarse e esixirse polos medios legalmente previstos.

Lembra que tes dereito a esixir que o servizo se realice de novo cando o resultado inicial non fora conforme co requirido e sen que che poidan cobrar cantidades superiores ás que inicialmente figuraban no resgardo.

Sexa por un resultado non conforme, por danos, perdas ou outras cuestións lembra que podes presentar unha reclamación. Nestes casos é recomendable non retirar a prenda do establecemento e facer constar os problemas observados na folla de reclamación. Lembra que é obrigatorio para os establecementos tanto dispoñer delas como entregarcha cando a solicites. O establecemento dispón de 30 días para atender debidamente a túa reclamación. Se non estás conforme coa resposta podes acudir ao Instituto Galego de Consumo, a unha OMIC  ou á túa asociación de consumidores. Non esquezas xuntar fotocopia do resgardo e no seu caso, da factura.

Temática:
ServizosTinturerías