Cando teñas un problema cunha compañía aérea (cancelación dun voo, retraso de máis de tres horas, denegación de embarque debida, cambio de clase, etc. e a compañía non atendeu aos teus dereitos) poderás presentar a túa RECLAMACIÓN ante a correspondente aeroliña,  ben no propio mostrador desta sito no aeroporto, a través das propias follas de reclamación das que deben dispoñer nos seus mostradores ou empregando o seguinte FORMULARIO DE RECLAMACIÓNS. Esta reclamación debe dirixirse directamente ao departamento de atención ao usuario, ben por carta ou por medios electrónico, se a compañía dispón destes. Poderás consultar no seguinte enlace o LISTADO DE SERVIZOS DE ATENCIÓN AO CLIENTE DAS COMPAÑÍAS AÉREAS

É importante que conserves os billetes, talón da equipaxe e demais documentos empregados. Ademais, a reclamación debe ser clara, concisa e lexible e debes establecer con precisión a data, hora, lugar e causas da túa reclamación, así como os datos persoais do reclamante e o seu voo.

Nos casos de INCIDENCIAS COA EQUIPAXE  FACTURADA (perda,  deterioro ou retraso) é fundamental que te dirixas ao mostrador da compañía aérea para presentar nese momento o correspondente PARTE DE IRREGULARIDADES DE EQUIPAXE (PIR), cumprimentando o correspondente  formulario no mesmo aeroporto, que será requisito necesario para facer constar a incidencia ocorrida e para a tramitación pola compañía.

Cando teñas dificuldades para localizar o mostrador da compañía, diríxete ao mostrador de información que AENA (Axenica Estatal de Navegación Aérea) ten en cada aeroporto, onde se che indicará a súa localización  ou se che indicará o procedemento que debes seguir na túa reclamación. Lembra que tamén podes dirixir as túas consultas ou reclamación ante AENA, que dispón dos seguintes teléfono de atención ao cliente 91 321  10 00 ou 902.404.704 onde, entre outras, poderás solicitar información de calquera aeroporto español.

Así mesmo, se presentada a reclamación ante a compañía non recibises resposta ou esta non sexa satisfactoria, poderás dirixir a túa reclamación ante AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea), sen custo algún. Para iso terás que enviala a través do correo electrónico sau.aesa@seguridadaerea.es ou por correo postal á seguinte dirección: Agencia Estatal de Seguridad Aérea. División de Calidad y protección al Usuario. Avda. General Perón, nº. 40, acceso B, 28020 Madrid, enviando o FORMULARIO  PARA RECLAMAR ANTE AESA xunto cunha copia  das comunicacións que mantiveras coa compañía ao respecto e copia dos billetes de avión e demais documentación de interese. Unha vez analizado o suposto concreto, AESA emitirá un informe que, no caso de ser positivo para ti e a compañía non o cumpra voluntariamente, poderás acudir á vía xudicial, suposto no que este informe che será de gran axuda.

Finalmente, tamén poderás dirixir a túa reclamación ante os TRIBUNAIS DE XUSTIZA, cando non vises as túas pretensión satisfeitas a través dos indicados medios, así como poderás solicitar a correspondente indemnización por danos e perxuídos en calquera momento do procedemento. Lembra que, cando se trate dunha reclamación de cuantía igual ou inferior a 2000 €, poderás presentar a demanda no teu propio nome, sen ter que ir asistido de avogado nin procurador. En calquera caso, recorda que o prazo para presentar demanda PRESCRIBE AOS DOUS ANOS, a contar dende a data de chegada do voo ou, no caso de perda ou retraso da equipaxe, a contar dende que esta se debeu entregar.

En todo caso, se non queres reclamar de forma individual, podes acudir a unha ASOCIACIÓN DE CONSUMIDORES, quen teñen capacidade para representar a calquera consumidor. En calquera caso, o procedemento a seguir será o mesmo que os vistos ata agora. 

Nos casos de INCIDENCIAS COA EQUIPAXE  FACTURADA (perda,  deterioro ou retraso) é fundamental que te dirixas ao mostrador da compañía aérea para presentar nese momento o correspondente PARTE DE IRREGULARIDADES DE EQUIPAXE (PIR), cumprimentando o correspondente  formulario no mesmo aeroporto, que será requisito necesario para facer constar a incidencia ocorrida e para a tramitación pola compañía.

Cando teñas dificultades para localizar o mostrador da compañía, diríxete ao mostrador de información que AENA (Axenica Estatal de Navegación Aérea) ten en cada aeroporto, onde se che indicará a súa localización  ou se che indicará o procedemento que debes seguir na túa reclamación. Lembra que tamén podes dirixir as túas consultas ou reclamación ante AENA: AENA, S.A., Arturo Soria, nº. 109; 28043, Madrid. Páxina web: http://www.aena.es/csee/Satellite/HomeAena/es/

Temática:
Transporte e motorAvións