Considéranse vendas automáticas aquelas que se realizan a través da distribución, pondo a disposición de calquera usuario un produto ou servizo o cal se adquire accionando calquera tipo de mecanismo, previo o pago do importe correspondente.

Que información deben recoller?

En todas as máquinas que se utilicen para a venda de produtos ou servizos deberá aparecer o tipo de produto que expende, o prezo e moeda que admite, a identidade do oferente, a dirección e teléfono para reclamar e as instrucións para a obtención do produto desexado

De quen é a responsabilidade?

Cando as máquinas estean instaladas nun local destinado a unha actividade privada, se tiveses algún problema coa venta na máquina, os donos do local responderán xunto co titular da máquina fronte a ti. En todo caso, todas as máquinas deben permitir a recuperación automática dos importes introducidos naqueles supostos nos que non se expenda o produto solicitado.

Temática:
ComprasCompras fóra do establecemento