Se precisa vostede dos servizos de consulta e asesoramento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, incluíndo os de axuda para presentar unha reclamación, debe solicitar unha cita previa a través de calquera das seguintes canles:

  • Telefonicamente, chamando ao 881 999 095 en horario de luns a venres de 9:00  a 14:00 horas
  • Electronicamente, empregando o servizo de cita previo habilitado a tal efecto en https://www.xunta.gal/cita-previa

Facendo uso deste servizo poderá dirixirse, no horario que mellor se axuste ás súas necesidades, á oficina do IGCC máis próxima, obtendo así unha atención personalizada e evitando tempos de espera innecesarios. Inicialmente, o servizo de cita previa estará dispoñible na oficina de servizos centrais do IGCC en Santiago de Compostela para, posteriormente, estenderse a outras oficinas.

Lembrámoslle que se precisa axuda cunha reclamación é necesario que, previamente, a presentase xa diante da empresa coa que vostede está en conflito ou desacordo.

Se xa o fixo e só quere rexistrar a súa reclamación ou denuncia non é necesario solicitar cita previa. A presentación pode realizala en calquera oficina de rexistro, a través da sede electrónica ou por correo postal.