Compras >> Compras fóra do establecemento

Si, o empresario está obrigado a enviarche unha copia do contrato asinado ou a confirmación do mesmo en papel, e poderás solicitar unha copia en calquera momento

Compras >> Compras en internet

Dispós dun prazo de 14 días naturais, a contar dende a adquisición do ben, para devolver os artigos que mercaches en liña, sen necesidade de xustificación algunha. Isto será de aplicación en toda a Unión Europea. O produto que se devolve deberá ir xunto co documento que acredita a devolución, ademais esta decisión terá que comunicarse ao vendedor antes de que finalice o indicado prazo e a...

Compras >> Compras en internet

É recomendable por en coñecemento das autoridades competentes cando nos atopemos con publicidade enganosa ou deshonesta, aportando sempre a proba que o demostre.

Compras >> Compras en internet

Tes dereito a que se che repare ou substitúa o produto, cando este fose defectuoso, durante o prazo de dous anos, a contar dende a data de adquisición do ben, e en toda a Unión Europea.

É posible que teñas dereitos adicionais en función das leis do teu país. 

Compras >> Compras en internet

Debes saber que poder dirixirte ao Centro Europeo do Consumidor en España, desde onde te atenderán e asesorarán, de xeito gratuíto, sobre calquera problema relacionado cun vendedor estranxeiro. O Centro Europeo do Consumidor trátase dunha oficina  pública de atención ao consumidor de calquera estado membro da UE que precise información en relación a un ben ou servizo nun país diferente ao...

Compras >> Compras en internet

É importante que te fixes na información que ofrece a páxina web, que deberá conter:

  • Nome e denominación social.
  • Domicilio  social.
  • Teléfono de atención ao cliente ou calquera outro medio a través do cal o consumidor poida poñerse en contacto coa empresa.
  • Prezos de bens e servizos ofertados.
  • Cargos adicionais en relación ao envío do produto....