Se atendemos a que, por ben moble se entende todo aquel que se pode transportar dun lugar a outro sen menoscabo do inmoble ao que estivesen unidos, segundo o establecido polo Código Civil, podemos incluír aquí aos animais de compañía, en canto a poder aplicar o mesmo réxime que ao resto de produtos nunha relación de consumo. Así mesmo, o RDL 1/2007, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, non exclúe aos animais do ámbito de aplicación da regulación das garantías dos produtos de consumo, como así o fai especificamente con outros bens.

Temática:
ProdutosAnimais de compañía