Tipo de actividade:
Outras actividades
Período:
17 de Setembro de 2018 a 3 de Xuño de 2019
Horario:
12:00 h.
Localización:
Aulas CeMIT
Ubicación concreta
Aulas CeMIT

O IGCC imparte un ciclo de charlas formativas dentro do seu Programa CORES, de Educación para o Consumo Responsable, que se retransmiten por videoconferencia nas aulas da rede CeMIT, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

A Escola Galega do Consumo desenvolve a través da rede de Aulas CeMIT varias actividades formativas sobre consumo responsable, en sesións de mañá ás 12:00 horas.

Calendario de actividades 

  • 17 de setembro: Comercio electrónico e métodos de pago seguros
  • 8 de outubro: Publicidade no punto de venda
  • 5 de novembro: Dálle luz á túa factura. Bono social eléctrico e outras axudas.
  • 3 de decembro: Teléfono móbil: contratación, facturación e reclamacións.
  • 4 de febreiro: Talleres de reparación de vehículos: dereitos das persoas usuarias.
  • 11 de marzo: O etiquetado dos produtos cosméticos
  • 6 de maio: Contratación de seguros: conceptos básicos, tipoloxía e reclamacións.
  • 3 de xuño: Compras e contratacións a distancia: recomendacións prácticas e dereito de desistimento

Cunha duración aproximada de hora e media, as charlas están orientadas ao público en xeral e abordan temas de actualidade para o conxunto das persoas consumidoras. O único requisito para poder asistir a estas charlas é ser usuario/a da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal/)

 A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Documentación e ligazóns relacionadas