Tipo de actividade:
Oferta estacional
Período:
1 de Xullo de 2019 a 31 de Agosto de 2019
Localización:
Escola Galega de Consumo (EGC)
Lugar designado polo usuario
Modalidade:
Obradoiro
Charla participativa
Dirixido a:
Outros colectivos
Todos os colectivos e todas as idades

LecerConsumo é o programa estacional que desenvolve a Escola Galega do Consumo nos meses de verán. A través do concepto de lecer responsable trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable: a publicidade, a alimentación sa e equilibrada, a etiquetaxe ou as TIC.

Está dirixido a todas as idades e a oferta formativa adáptase aos distintos intereses e necesidades de cada unha delas. As actividades son de carácter lúdico e participativo, como non pode ser doutro xeito no período estival, pero a un tempo pedagóxicas e promotoras da aprendizaxe colaborativa.

 

Programa de actividades

3 a 6 anos
7 a 12 anos
13 a 14 anos
15 a 17 anos
18 en diante
Narración dun conto animado para promover un consumo responsable e un lecer activo, alternativo e sen consumo. Traballando, ademais, os xoguetes seguros e sen riscos. A continuación os nenos e nenas crean o seu propio xoguete (un pitiño, un dos animais do conto traballado previamente).
Realización dunha xincana onde os grupos teñen que superar diferentes probas, nas que se traballan cuestións relacionadas co consumo responsable (as actividades de lecer, a publicidade, a pirámide dos alimentos e o código PEGI). A continuación, cada grupo deseña una portada dun videoxogo facendo referencia a una actividade de lecer activo sen consumo e dende a cal se inclúa algún elemento característico da súa localidade.
Actividade dinámica e participativa na que os mozos e mozas se converterán en publicistas, tendo que superar previamente diferentes probas. Preténdese fomentar o coñececemento da publicidade e os diferentes códigos publicitarios: a música, slogan, personaxes e cores. A sesión rematarase coa gravación do anuncio creado.
Obradoiro no que as persoas participantes analizarán o consumo na rede, reflexionando sobre a cantidade que se lle dedica e analizando as vantaxes e os principais riscos no uso de internet.
Charla participativa que ten como obxectivo fomentar o coñecemento sobre as alternativas de lecer responsable, centrándonos nos dereitos das persoas consumidores e usuarias. Ademáis, profundarase nunhas recomendacións de consumo responsable no ámbito do lecer e da época estival.

Documentación e ligazóns relacionadas