Descrición:

  • As persoas consumidoras temos recoñecidos unha serie de dereitos básicos, que nos protexen ante distintas situacións que se poden xerar ao mercar calquera produto ou ao facer uso dun servizo. En moitos casos, os propios consumidores descoñecemos estes dereitos que nos amparan. Por iso, para poder facer valer os nosos dereitos é imprescindible coñecelos. Por outra banda, as persoas consumidoras non só temos dereitos, senón que tamén temos unha serie de deberes, que é preciso cumprir para poder esixir os nosos dereitos.
  • A través das seguintes actividades preténdese dar a coñecer dun xeito sinxelo cales son os dereitos e deberes básicos das persoas consumidoras, así como as distintas vías para facelos valer. Deste xeito, os participantes nestas actividades poderán dar resposta as seguintes preguntas frecuentes:

Pódese cambiar ou devolver un produto?

Cal e o prazo de devolución?

Ten a tenda a obriga de devolverme os cartos?

Podo pedir unha folla de reclamación?

Onde podo reclamar?

Actividades: