Descrición:

  • Con carácter xeral, a publicidade pode definirse como o conxunto de estratexias coas que unha empresa da a coñecer os seus produtos ao resto da sociedade, e que emprega como principal ferramenta os medios de comunicación. Desde xeito, a publicidade é unha estratexia de marketing que busca situar os produtos no mercado para darlle paso ao consumismo activo.
  • Coñecer as distintas ferramentas que se empregan frecuentemente na publicidade e noutras técnicas de marketing pode axudarnos nas nosas decisións de consumo, de xeito que, á hora de escoller un produto ou un servizo, non nos deixemos levar tanto pola influencia da publicidade senón por outros criterios de carácter obxectivo, como a relación calidade/prezo, a orixe do produto, a protección do medio ambiente no proceso de elaboración e fabricación, etc.

Actividades: