Tipo de actividade:
Outras actividades
Data(s):
15 de Marzo de 2018
Horario:
10:00
12:00
Localización:
Online
Dirixido a:
Outros colectivos
Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio de FP e Ensinanzas especiais

O día 15 de marzo é o Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras, que se ven celebrando dende 1983 para conmemorar o discurso que o presidente estadounidense John F. Kennedy pronunciou o día 15 de marzo de 1962 ante o Congreso do seu país, declarando que todos eramos consumidores.

Para dar a coñecer esta data entre a comunidade educativa, a Escola Galega do Consumo, en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), ofértalle aos centros educativos de Galicia dúas charlas sobre consumo responsable, que poderán seguir sen desprazarse do centro a través do sistema de vídeo conferencia en streaming. Cada charla terá unha duración aproximada de unha hora.

  • A primeira charla (10:00 horas) está destinada ao alumnado de Educación Primaria. Leva por título “Unha pegada cara o consumo responsable” e ten por obxecto descubrir o significado de realizar un consumo responsable a través da análise de dez sinxelos consellos. Por medio dunha historia ficticia, amosarase como actuar para resolver un problema de consumo nunha tenda.

Conceptos básicos: Consumo responsable. Persoa consumidora. Reglas básicas de consumo responsable (facer lista da compra, coñecer o etiquetado dos produtos, etc). Folla de reclamación. Oficina de consumo.

  • segunda charla (12:00 horas) está destinada ao alumnado de ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio de FP e Ensinanzas especiais. Leva por título “Coñece os teus dereitos como persoa consumidora” e ten por obxecto explicar de forma sinxela os distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiándose en exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias do grupo de idade dos destinatarios.

Conceptos básicos: Persoa consumidora. Dereitos e deberes das persoas consumidoras. Organismos públicos básicos de defensa das persoas consumidorase aproximación aos dereitos das persoas consumidoras.

Requisitos técnicos. Os centros educativos que desexen participar na vídeo conferencia deberán ter o seguinte equipamento:

  • Un ordenador con un navegador web Firefox ou Chrome actualizado con plugin de Adobe Flash Player e conexión a Internet 10 Mb de descarga.
  • Un proxector/TV para enviar o vídeo dende o ordenador.
  • Un sistema de son/altavoces para poder oír a transmisión na sala.
  • Opcional (pero moi recomendable): un portátil adicional, con un navegador web Firefox ou Chrome actualizado con plugin de Adobe Flash Player e conexión a Internet, para poder facer as preguntas con maior comodidade.

Pica nos enlaces situados ao final desta páxina para ver estas videoconferencias.

Programa de actividades

Educación Primaria
ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio de FP e Ensinanzas especiais
Descubrir o significado de realizar un consumo responsable a través da análise de dez sinxelos consellos. Por medio dunha historia ficticia, amosarse como actuar para resolver un problema de consumo nunha tenda.
Sinxela explicación dos distintos dereitos que amparan ás persoas consumidoras, apoiada con exemplos prácticos baseados en experiencias reais de consumo propias dese grupo de idades. Consellos prácticos para resolver distintas problemáticas de consumo e pasos a seguir para poñer unha reclamación.