Tipo de actividade:
Outras actividades
Localización:
Escola Galega de Consumo (EGC)
CC Área Central
Online

12 DE MARZO:

  • 18:00-19:00 horas: Charla sobre "Consumo dixital e comercio electrónico" a través da "Red CeMIT".
    • Coa colaboración da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Red CeMIT), impártase esta actividade formativa, a cal será distribuida dixitalmente a 92 concellos galegos e ás súas OMICS, ao estar integrada por 98 aulas. Deste xeito chégase a todos os puntos da xeografía galega, ao poder acceder á forma presencial e tamén á formación online desde calquera punto.

14 DE MARZO:

  • 12:00-13:00 horas: Charla sobre "Consumo dixital" a través do CESGA.
    • Coa colaboración do CESGA (Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia), impártase esta actividade formativa, a cal será distribuída dixitalmente a tódolos centros educativos galegos de secundaria (ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS)

15 DE MARZO:

  • 10:00-12:00 horas: Xincana: a inspección de consumo dixital. (CC Área Central)
    • Actividade formativa destinada a nenas e nenos de 8 a 12 anos de tódolos centros educativos galegos de primaria (CEIP, CEP, CPI e CPR), na que a temática a traballar será o consumo dixital, o consumo responsable das tecnoloxías e o acceso á rede, reflexionando sobre a cantidade de tempo que se lle dedica e analizando as vantaxes e os potenciais riscos no uso de internet.
    • Entrega de premios ás nenas e nenos participantes (11:30 a 12:00 horas)
  • 12:30-14:00 horas: XORNADA CONMEMORATIVA DO DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CONSUMIDORAS