A Comisión Europea traballou cos Estados membros e as partes interesadas para identificar e promover mellores prácticas para axudar aos consumidores con dificultades.

A pandemia do Covid-19 aflorou aínda máis a este grupo de persoas consumidoras denominadas vulnerables, sendo aquelas que teñen dificultades para poder vivir dignamente e non poden afrontar os gastos máis básicos. Xunto a este tipo de colectivo vulnerable, están tamén aquelas persoas que por razón de idade avanzada, discapacidade ou en situacións de exclusión necesitan dunha protección especial que evite que queden desconectados. Estes grupos de persoas consumidoras vulnerables que teñen dificultades de accesibilidade, de asequibilidade, etc, poden verse discriminados e quedar fóra dos beneficios da transformación dixital ou verse inmersos nun endebedamento do que lles resulta moi difícil saír.

Pare evitar na medida do posible este tipo de vulnerabilidades levarase a cabo a seguinte acción:

Plan formativo para colectivos vulnerables

Dentro desta acción desenvolveranse ao longo do 2021 os seguintes programas:

  • ConsumoSenior
  • ConsumoLocal
  • ConsumoAccesible

O programa de ConsumoSenior terá por destinatarios ás persoas de idade máis avanzada e desenvolveraase en colaboración coas entidades máis representativas das persoas maiores en Galicia. O seu obxectivo é garantirlles dispoñibilidade de información clara accesible e fácil de usar tanto no mercado tradicional como no dixital.

O programa de ConsumoLocal desenvolverase fundamentalmente no medio rural e terá por obxectivo achegar asesoramento en materia de endebedamento á poboación.

O programa ConsumoAccesible terá por destinatarios ás persoas con discapacidade e en situación de exclusión social, e levarase a cabo en colaboración con diferentes entidades sociais. O obxectivo é familiarizalas e facerlles sentir máis a gusto coas ferramentas dixitais.