Dias Mundial dos dereitos das Persoas Consumidoras 2022
O 15 de marzo conmemórase o Dia Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras, unha efeméride instaurada en 1983 por Nacións Unidas para lembrar os dereitos que asisten a todas as persoas como consumidoras e usuarias.
A Xunta de Galicia celebra este día establecendo puntos de información ao consumidor nas sete principais cidades galegas nos que se convidará á cidadanía a coñecer máis sobre os seus dereitos como persoas consumidoras e sobre as ferramentas que a administración autonómica pon ao seu dispor para asesorarlle, acompañarlle e, en último caso, axudarlle a restituír os seus dereitos.
Complementariamente, realizaranse 27 accións formativas en diferentes centros educativos da xeografía galega.