Dentro das funcións do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, está a de informarlles ás persoas consumidoras e usuarias sobre os seus dereitos, para que poidan facelos valer nas súas reclamacións fronte ás empresas.

Esta función considérase esencial se con ela se consegue unha maior transparencia nas relacións comerciais evitando, en moitos casos, conflitos innecesarios.

O IGCC, consciente desta importancia, ademais das súas oficinas repartidas polas sete grandes cidades de Galicia implantou un servizo telefónico gratuíto a través do número 900 23 11 23, que funciona de 9 a 14 horas de luns a venres co fin de evitar que os consumidores e as consumidoras se teñan que desprazar para resolver as súas dúbidas.

Os campos marcados cun * son campos de cumprimentación obrigatoria.

Os ficheiros deben ser menores de 8 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: pdf png gif jpg jpeg.

Consultar as normas de uso do servizo

Consultar a cláusula de privacidade

CAPTCHA

Esta pregunta é para comprobar se vostede é un visitante humano e previr envíos de spam automatizado.

12 + 8 =