A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados, as contraprestacións que obteñan os suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades...
Polo contrato de crédito ao consumo un/unha prestamista concede ou se compromete a conceder a un/unha consumidor/a un crédito baixo a forma de pago aprazado, préstamo, apertura de crédito ou calquera medio equivalente de financiamento.
Os establecementos comerciais quedan, por razóns de seguridade, dispensados da obrigación de exhibir ao público o prezo daqueles produtos de xoiaría e prataría expostos en escaparates visibles desde o exterior do establecemento cuxo valor unitario supere os seiscentos euros.
A presente Directiva ten por obxecto harmonizar determinados aspectos das disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos Estados membros en materia de contratos de crédito ao consumo.
O obxecto do presente real decreto é adoptar medidas para reforzar as previsións contidas no Regulamento (CEE) n.º 339/93 do Consello, de 8 de febreiro de 1993, relativo aos controis de conformidade de produtos importados de terceiros países respecto das normas aplicables en materia de seguridade dos produtos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos ministeriais ou...
O Sistema Arbitral de Consumo é a arbitraxe institucional de resolución extraxudicial, de carácter vinculante e executivo para ambas as partes, dos conflitos xurdidos entre as persoas consumidoras ou usuarias e as empresas ou profesionais en relación aos dereitos legal ou contractualmente recoñecidos ao consumidor e á consumidora.
Este real decreto lexislativo cumpre coa previsión da mellora da protección das persoas consumidoras e usuarias, que habilita ao Goberno para que proceda a refundir nun único texto a Lei Xeral para a Defensa das Persoas Consumidoras e Usuarias e as normas de transposición das directivas comunitarias ditadas na materia de protección das persoas consumidoras e usuarias que inciden nos aspectos...
A defensa das persoas consumidoras configurase no artigo 51 da nosa Constitución como un principio rector da política social e económica, que os poderes públicos deben garantir. A este propósito responde esta Lei, na que se introducen determinadas modificacións na nosa lexislación sobre esta materia para incorporar unha serie de melloras na protección das persoas consumidoras nunha serie de...
A presente Directiva ten por obxecto protexer ás persoas comerciantes contra a publicidade enganosa e as súas consecuencias inxustas e establecer as condicións nas que estará permitida a publicidade comparativa
Este Rexistro depende da Dirección Xeral de Política Comercial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, e formarase cos datos facilitados polas Comunidades Autónomas onde as empresas teñan o seu domicilio social. Igualmente estará constituído o Rexistro cos datos que faciliten as empresas non establecidas en España que practiquen vendas a distancia en territorio español, as cales teñen a...