A presente Directiva ten por obxecto contribuír ao bo funcionamento do mercado interior e alcanzar un elevado nivel de protección das persoas consumidoras mediante a aproximación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos Estados membros sobre as prácticas comerciais desleais que prexudican aos intereses económicos dos consumidores e das consumidoras.
A Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de consumo. Esta lei ten por obxecto a regulación da inspección en materia de consumo na Comunidade Autónoma.
Decisión da Comisión do 29 de Abril de 2004 pola que se establecen as directrices para a xestión do Sistema Comunitario de Intercambio Rápido de Información ( RAPEX ) e para as notificacións presentadas conforme o artigo 11 da directiva 2001/95/CE
O obxectivo deste real decreto é garantir que os produtos que se poñan no mercado sexan seguros
Esta lei aplicarase ás arbitraxes cuxo lugar se ache dentro do territorio español, sexan de carácter interno ou internacional, sen prexuízo do establecido en tratados dos que España sexa parte ou en leis que conteñan disposicións especiais sobre arbitraxe.
A presente Lei establece o réxime xurídico aplicable ós aparcadoiros nos que unha persoa cede, como actividade mercantil, un espazo nun local ou recinto do que é titular, para o estacionamento de vehículos de motor, cos deberes de vixilancia e custodia durante o tiempo de ocupación, a cambio dun prezo determinado en función do tempo de estacionamento.
É obxecto da presente Lei a regulación do réxime xurídico dos servizos da sociedade da información e da contratación por vía electrónica, no referente ás obrigas aos prestadores de servizos incluídos os que actúan como intermediarios na transmisión de contidos polas redes de telecomunicacións, as comunicacións comerciais por vía electrónica, a información previa e posterior á celebración de...
Directiva 2001/95/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 3 de decembro de 2001 relativa a seguridade xeral dos produtos. O obxectivo da presente Directiva é garantir que os produtos que se poñan no mercado sexan seguros.
O presente Real Decreto ten por obxecto regular a indicación do prezo de venda e do prezo por unidade de medida dos produtos ofrecidos polos comerciantes ás persoas consumidoras, co fin de mellorar a información dos consumidores e das consumidoras e facilitar a comparación dos prezos.
A Constitución Española, norma e fundamento de todo o ordenamento xurídico, ordena no seu artigo 51 que os poderes públicos, garantirán a defensa das persoas consumidoras e usuarias, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os seus lexítimos intereses económicos.