O Consello Galego de Consumidores e Usuarios é o órgano de representación e consulta no ámbito da Comunidade Autónoma Galega e ten a representación institucional das organizacións e asociacións de persoas consumidoras e usuarias, ante a Administración autonómica ou outras entidades e organismos de carácter autonómico.
Esta disposición regula no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a prestación a domicilio de servizos de mantemento, reparación e reforma ás persoas consumidoras e usuarias levados a cabo por aquelas persoas que se dediquen ás devanditas actividades, co obxecto de protexer os interes económicos daquelas e garantir o seu dereito a unha correcta información.
O Estatuto galego da persoa consumidora e usuaria, aprobado pola Lei 12/1984, do 28 de decembro, establece no seu artigo 3 o dereito da persoa consumidora e usuaria á protección xurídica, administrativa e técnica e á reparación de danos e perdas.
O artigo 51.2º da Constitución Española establece que os poderes públicos promoverán a información e máis a educación das persoas consumidoras e usuarias, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectarlles a aquelas, nos termos que a lei estableza.
A presente Lei ten por obxeto a transposición da Directiva 93/13/CEE, sobre cláusulas abusivas nos contratos celebrados con persoas consumidoras, así como a regulación das condicións xerais da contratación, e se dicta en virtud dos títulos competenciais que a Constitución Española atribúe en exclusiva ó Estado no artigo 149.1.6ª y 8ª, por afectar á lexislación mercantil e civil.
A presente Lei ten por obxeto principal establecer o réxime xurídico xeral do comercio minorista, así como regular determinadas ventas especiais e actividades de promoción comercial, sen perxuizo das leis dictadas polas Comunidades Autónomas no exercicio das súas competencias na materia
A Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo, sinalou este organismo autónomo dunha ampla gama de fins relativos á información, formación, promoción, e, en definitiva, de protección da persoa consumidora e usuaria. Igualmente estableceu os seus órganos de xestión e as súas respectivas funcións.
O Instituto Galego de Consumo exercerá un conxunto de funcións específicas que contribuirán á defensa da persoa consumidora e usuaria de Galicia, protexendo os seus intereses mediante procedementos eficaces, tal como sinala o artigo 51 da Constitución, en exercicio das competencias que lle veñen atribuídas polo artigo 30.1.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e oídos o Consello Galego de Consumo...
De acordo co que dispón o artigo 30.1.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia, correspóndelle á Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de comercio interior e defensa da persoa consumidora e usuaria, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia.
A presente Lei ten por obxeto a protección da competencia en interese de todos os actores que participan no mercado, e tal fin establece a prohibición dos actos de competencia desleal.