O Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 30º.I.4, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de defensa da persoa consumidora e usuaria. Determinándose, pola súa parte, no artigo 51 da Constitución Española de 1978 que os poderes públicos garatirán mediante procedementos eficaces os dereitos das persoas consumidoras e usuarias.