Plan Anual da Escola Galega de Consumo (EGC) 

A Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, establece no seu artigo 47 que a Comunidade Autónoma de Galicia, a través do órgano competente en materia de consumo, fomentará a formación e a educación das persoas consumidoras, coidando a integración da perspectiva de xénero, e de xeito especial o coñecemento dos seus dereitos para que poidan exercelos de acordo a pautas de consumo responsable nun mercado global, altamente tecnificado e cambiante.
A Escola Galega de Consumo mantén, como unha aposta actual e de futuro, estreitar a súa colaboración con entidades públicas e privadas autonómicas, estatais, comunitarias e internacionais, establecendo diferentes plans e programas formativos e educativos de actuación conxunta en materia de consumo.