O alumnado do colexio Monte dos Postes de Santiago e EFA Piñeiral de Arzúa, celebrou así na EGC en formatos obradoiros a importancia dun consumo responsable
Santiago de Compostela, 11 de Marzo de 2020.-

Con motivo da conmemoración do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras que este ano versa sobre o Consumo responsable, desde a EGC propóñense actividades durante toda a semana, que teñen por obxecto dar a coñecer a EGC, as súas instalacións e forma de traballar, así como sensibilizar sobre a necesidade de realizar un consumo responsable ao longo de toda a vida: esa será a pegada que deixaremos para as vindeiras xeracións. Este programa vai dirixido á poboación galega en xeral, pero especialmente está centrada nos centros educativos, concretamente para o alumnado de primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), dentro da ampla oferta formativa  que desenvolve a través da Escola Galega do Consumo, realizou xa varios obradoiros do Programa Cores sobre consumo responsable con motivo do día internacional dos dereitos das persoas consumidoras dirixidos ao alumnado do colexio Monte dos Postes de Santiago de Compostela e EFA Piñeiral de Arzúa.

 

Para obter máis información ou formular calquera consulta ao respecto, pódese contactar coa Escola Galega do Consumo nos seus teléfonos 881999091 e 881999075, ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.gal

 

Temática:
Outros