Nava Castro salientou a importancia que para o Goberno galego ten fomentar a educación para o consumo responsable
Entre os 31 premiados repartíronse máis de sesenta e un mil euros
Santiago, 12 de Febreiro de 2010.-

A presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava
Casto, xunto ao secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e o director
xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria, entregaron hoxe os premios que outorga a Xunta da
rede de Educación ao Consumidor, ás teses de doutoramento e traballos de investigación
neste eido e aos carteis, ilustracións e soportes audiovisuais sobre os dereitos dos
consumidores.

Entre os trinta e un galardoados houbo alumnos e alumnas de Escolas de arte e
audiovisuais, de bacharelatos artísticos e investigadores, entre os que se repartiron 61.300
euros.

Nava Castro salientou na súa intervención a importancia que para a nova Administración da
Xunta ten a educación para o consumo, que non so significa adquisición de coñecementos
senón o desenvolvemento de habilidades e destrezas desde a nosa idade máis temperá , de
xeito que considerou fundamental o traballo que dende o IGC se está a desenvolver con
toda a comunidade educativa, poñendo en marcha programas acordes aos diferentes niveis
e etapas do ensino, en estreita colaboración coa Consellería de Educación.

A directora xeral de Comercio insistiu na necesidade de incentivar a participación activa da
sociedade en actividades orientadas a fomentar conductas de consumo responsables, unha
labor que cómpre iniciar na escola, tal e como establece a programación da Escola Galega
de Consumo (EGC) para este ano 2010 dirixida a toda a poboación galega tanto no ámbito
formal coma non formal.

Pola súa banda o secretario xeral de Universidades dixo que os proxectos galardoados fan
evidente o potencial que existe en Galicia e que nos permite creer que existen novas
oportunidades, a pesar do difícil momento económico polo que se está a pasar . Díez de
Castro resaltou que non se pode esquecer que o sector comercial e de vital importancia
para os sistema económico de España e en concreto de Galicia

Mentres que o director xeral de Educación destacou que o obxectivo común dos aquí
presentes e promover a educaicón para o consumo responsable, entre os membros da
comunidade escolar ao que engadiu que todo isto é básico para a sociedade e representa
un medio para avanzar cara a unha a unha cidadanía máis crítica, autónoma e consciente
dos seus dereitos e responsabilidades .

Os premiados
Entre os galardoados once centros escolares que presentaron ás memorias dos proxectos
da rede de educación para o consumo. Entre estes distribuíronse 38.500 euros en premios
que van desde os 4.000 ata os 3.000.

Na categoría de teses de doutoramento no eido do consumo e traballos de investigación
foron recoñecidas con sendos galardóns de 3.000 euros a dúas investigadoras de
Universidade de Santiago. Tamén se concederon dous accésit de mil euros cada uno.
No apartado de carteis fotografías, soportes audiovisuais e ilustracións elaborados polo
alumnado de escolas de arte, ciclos superior de deseño e produción editorial, bacharelatos
artísticos así como ciclos superior de comunicación imaxe e son repartíronse un total de
14.800 euros. Neste apartado os proxectos premiados xiraron en torno a liberdade de
información, e a situación do comercio e do consumidor na sociedade actual.

Plan para o 2010
O Plan de Formación e Educación da Escola que depende do IGC para o ano 2010, conta
con diferentes iniciativas neste eido nas que cómpre destacar actuacións como o programa
de educación formal, dentro do ensino regrado, o programa de educación non formal, o
programa especifico para asociacións de consumidores e concellos e o programa para
profesionais do eido do consumo.

Este plan inclúe mais de 300 actividades formativas e educativas, cunha previsión de
asistencia de máis de 7.000 persoas, case un milleiro máis que o ano pasado. Ademais este
ano por primeira vez as actividades serán realizadas non só pola escola, senón en
colaboración con outros departamentos da administración autonómica, estatal e local e con
outras entidades. Así mesmo, tamén e novidosa a apertura da oferta a outros colectivos
como persoas con discapacidades, persoas mais desfavorecidas, inmigrantes,etc,

Por outra banda, a Consellería de Educación e a Consellería de Economía e Industria, a
través do IGC, están a estreitar a súa colaboración coa posta en marcha de actuacións
novidosas como a creación da páxina web da Rede de Educación para o Consumo
Responsable , na que por primeira vez se conta coa participación das asociacións de
consumidores e os concellos.

Nava Castro clausurou o acto facendo chegar aos premiados os parabéns do Goberno
galego por haber contribuído cós seus traballos a mellorar a formación das novas xeracións
como consumidores responsables, é dicir, como cidadáns preparados para actuar, nunha
sociedade altamente tecnificada e cunhas relacións económicas complexas e cambiantes,
na que a información e formación é o mellor aliado

 

Temática:
Outros