Todo produto que estea no mercado a disposición das persoas consumidoras debe ser seguro. Para vixiar adecuadamente o mercado, as administracións fan uso de mecanismos e sistemas de intercambio de información sobre produtos perigosos, co fin de asegurar que os produtos inseguros sexan retirados do mercado, limitar a súa comercialización ou evitar que produtos perigosos sexan vendidos aos consumidores e ás consumidoras. Estes sistemas de alerta rápida de produtos perigosos atopados no mercado europeo, permiten que a información sobre os seus potenciais riscos para a saúde ou a seguridade e o posterior aviso ás persoas consumidoras, independentemente do país no que se atopen, sexa rapidamente circulada e distribuída entre as distintas autoridades na Unión Europea.
Documento
Tipo de documento:
Folleto
Temática:
Produtos
Departamento:
Instituto Galego do Consumo e da Competencia