Resolución do 24 de xaneiro de 2020, da Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, pola que se publica a lista de entidades que comunicaron a súa adhesión ao Código de Boas Prácticas para a reestruturación viable das débedas con garantía hipotecaria sobre vivenda habitual
Esta Lei ten por obxecto establecer determinadas normas de protección das persoas físicas que sexan debedores, fiadores ou garantes, de préstamos que estean garantidos mediante hipoteca ou outro dereito real de garantía sobre bens inmobles de uso residencial ou cuxa finalidade sexa adquirir ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou inmobles construídos ou por construír
O Instituto Galego de Consumo e o Consello Galego da Competencia quedan integrados dentro do Instituto Galego do Consumo e da Competencia que, de acordo co establecido no número 2 do artigo 38 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, asumirá os medios persoais e materiais e as competencias que na actualidade corresponden ao Instituto Galego de...