Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados, que se van cobrar no Laboratorio de Consumo de Galicia, como consecuencia da contraprestación percibida pola realización dos ensaios de interese directo na determinación dos cumprimentos de calidade e seguridade dos produtos, segundo as normas vixentes en cada materia (UNE, EN, ISO, etc.)
Orde do 26 de febreiro de 2013 pola que se lle dá publicidade ao nomeamento de Sol María Vázquez Abeal como presidenta da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.
Orde do 5 de febreiro de 2013 pola que se nomea presidenta do Instituto Galego de Consumo a Sol Mª Vázquez Abeal.
Esta lei ten por obxecto a regulación dirixida á defensa e á protección xeral dos dereitos e intereses das persoas consumidoras no exercicio da competencia exclusiva da Comunidade Autónoma prevista no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia
Este proxecto ten por obxecto establecer a estrutura orgánica do Instituto Galego de Consumo como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellería que ten as competencias en materia de consumo.
A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no capítulo III do título II o que se entende por prezos privados. No artigo 50 do referido texto establécese que «Son prezos privados, as contraprestacións que obteñan os suxeitos aos que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades...
Polo contrato de crédito ao consumo un/unha prestamista concede ou se compromete a conceder a un/unha consumidor/a un crédito baixo a forma de pago aprazado, préstamo, apertura de crédito ou calquera medio equivalente de financiamento.