Os establecementos comerciais quedan, por razóns de seguridade, dispensados da obrigación de exhibir ao público o prezo daqueles produtos de xoiaría e prataría expostos en escaparates visibles desde o exterior do establecemento cuxo valor unitario supere os seiscentos euros.
A presente Directiva ten por obxecto harmonizar determinados aspectos das disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos Estados membros en materia de contratos de crédito ao consumo.
O obxecto do presente real decreto é adoptar medidas para reforzar as previsións contidas no Regulamento (CEE) n.º 339/93 do Consello, de 8 de febreiro de 1993, relativo aos controis de conformidade de produtos importados de terceiros países respecto das normas aplicables en materia de seguridade dos produtos, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos ministeriais ou...
O Sistema Arbitral de Consumo é a arbitraxe institucional de resolución extraxudicial, de carácter vinculante e executivo para ambas as partes, dos conflitos xurdidos entre as persoas consumidoras ou usuarias e as empresas ou profesionais en relación aos dereitos legal ou contractualmente recoñecidos ao consumidor e á consumidora.
Este real decreto lexislativo cumpre coa previsión da mellora da protección das persoas consumidoras e usuarias, que habilita ao Goberno para que proceda a refundir nun único texto a Lei Xeral para a Defensa das Persoas Consumidoras e Usuarias e as normas de transposición das directivas comunitarias ditadas na materia de protección das persoas consumidoras e usuarias que inciden nos aspectos...
A defensa das persoas consumidoras configurase no artigo 51 da nosa Constitución como un principio rector da política social e económica, que os poderes públicos deben garantir. A este propósito responde esta Lei, na que se introducen determinadas modificacións na nosa lexislación sobre esta materia para incorporar unha serie de melloras na protección das persoas consumidoras nunha serie de...
A presente Directiva ten por obxecto protexer ás persoas comerciantes contra a publicidade enganosa e as súas consecuencias inxustas e establecer as condicións nas que estará permitida a publicidade comparativa
A presente Directiva ten por obxecto contribuír ao bo funcionamento do mercado interior e alcanzar un elevado nivel de protección das persoas consumidoras mediante a aproximación das disposicións legais, regulamentarias e administrativas dos Estados membros sobre as prácticas comerciais desleais que prexudican aos intereses económicos dos consumidores e das consumidoras.
A Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido no artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de consumo. Esta lei ten por obxecto a regulación da inspección en materia de consumo na Comunidade Autónoma.
Decisión da Comisión do 29 de Abril de 2004 pola que se establecen as directrices para a xestión do Sistema Comunitario de Intercambio Rápido de Información ( RAPEX ) e para as notificacións presentadas conforme o artigo 11 da directiva 2001/95/CE