O artigo 51.2º da Constitución Española establece que os poderes públicos promoverán a información e máis a educación das persoas consumidoras e usuarias, fomentarán as súas organizacións e oirán a estas nas cuestións que poidan afectarlles a aquelas, nos termos que a lei estableza.
A presente Lei ten por obxeto a transposición da Directiva 93/13/CEE, sobre cláusulas abusivas nos contratos celebrados con persoas consumidoras, así como a regulación das condicións xerais da contratación, e se dicta en virtud dos títulos competenciais que a Constitución Española atribúe en exclusiva ó Estado no artigo 149.1.6ª y 8ª, por afectar á lexislación mercantil e civil.
A presente Lei ten por obxeto principal establecer o réxime xurídico xeral do comercio minorista, así como regular determinadas ventas especiais e actividades de promoción comercial, sen perxuizo das leis dictadas polas Comunidades Autónomas no exercicio das súas competencias na materia
A Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo, sinalou este organismo autónomo dunha ampla gama de fins relativos á información, formación, promoción, e, en definitiva, de protección da persoa consumidora e usuaria. Igualmente estableceu os seus órganos de xestión e as súas respectivas funcións.
O Instituto Galego de Consumo exercerá un conxunto de funcións específicas que contribuirán á defensa da persoa consumidora e usuaria de Galicia, protexendo os seus intereses mediante procedementos eficaces, tal como sinala o artigo 51 da Constitución, en exercicio das competencias que lle veñen atribuídas polo artigo 30.1.4 do Estatuto de autonomía de Galicia e oídos o Consello Galego de Consumo...
De acordo co que dispón o artigo 30.1.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia, correspóndelle á Comunidade Autónoma Galega a competencia exclusiva en materia de comercio interior e defensa da persoa consumidora e usuaria, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia.
A presente Lei ten por obxeto a protección da competencia en interese de todos os actores que participan no mercado, e tal fin establece a prohibición dos actos de competencia desleal.
A lexislación xeral sobre a materia está constituída en España pola Lei 61/1964, de 11 de xuño (RCL 1994V9), pola que se aproba o Estatuto da Publicidade, norma cuxo articulado caeu en gran parte en desuso, por carecer da flexibilidade necesaria para adaptarse a un campo como o da publicidade, especialmente dinámico, e por responder a orzamentos políticos e administrativos afastados dos da...
A presente Directiva terá por obxecto protexer ás persoas consumidoras e ás persoas que exercen unha actividade comercial, industrial, artesanal ou liberal, así como os intereses do público en xeral contra a publicidade enganosa e as súas consecuencias desleais.
A fin de crear as canles axeitadas para a protección e defensa das persoas consumidoras e usuarias, e en cumprimento das previsións constitucional e estatutaria, constitúese o Rexistro de Organizacións de Persoas Consumidoras e Usuarias de Galicia onde se deberán integrar aquelas organizacións, asociacións ou entidades que sen ánimo de lucro, e desenvolvendo as súas actividades no ámbito da...